DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 28 de xuño de 2024 Páx. 39888

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2024, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 243, do 26 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 18 de xuño de 2024, a comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo de Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo da Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (DOG núm. 243, do 26 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. Elevar a definitivas as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na proba tipo test, feitas públicas pola Resolución do 6 de maio de 2024 (DOG núm. 95, do 16 de maio).

Segundo. Facer pública, de conformidade co disposto na base II.2, a baremación provisional do concurso de méritos no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, ao cal se poderá acceder a través do seguinte enderezo:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion/convocatorias

Débese indicar que, de conformidade coa base II.2.2, o concurso de méritos será cualificado como «apto» ou «non apto» e para superalo será necesario acadar unha puntuación mínima de 6 puntos entre todas as epígrafes do baremo puntuables.

Contra a baremación provisional poderase presentar reclamación, ante a propia comisión de funcionarización, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.9 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024

Rubén Plaza Martínez
Presidente de la comisión