DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 28 de xuño de 2024 Páx. 39890

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2024, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e do corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo IV e V, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 243, do 26 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 18 de xuño de 2024, a comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de auxiliar da Administración xeral e do corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo IV e V, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (DOG núm. 243, do 26 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. Elevar a definitivas as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na proba tipo test, feitas públicas pola Resolución do 16 de maio de 2024 (DOG núm. 100, do 24 de maio).

Segundo. Facer pública, de conformidade co disposto na base II.2, a baremación provisional do concurso de méritos no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, ao cal se poderá acceder a través do seguinte enderezo:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion/convocatorias.

Débese indicar que, de conformidade coa base II.2.2, o concurso de méritos será cualificado como «apto» ou «non apto» e para superalo será necesario acadar unha puntuación mínima de 6 puntos entre todas as epígrafes do baremo puntuables.

Contra a baremación provisional poderase presentar reclamación, ante a propia comisión de funcionarización, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.9 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024

Rubén Plaza Martínez
Presidente de la comisión