DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 28 de xuño de 2024 Páx. 39881

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas aos procesos de funcionarización do persoal laboral fixo que se encontre en situación de excedencia voluntaria, excedencia voluntaria por incompatibilidade ou por prestación de servizos noutra Administración pública.

Mediante a Resolución do 13 de novembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, ábrese o prazo para solicitar a participación nos procesos de funcionarización do persoal laboral fixo que se encontre en situación de excedencia voluntaria, excedencia voluntaria por incompatibilidade ou por prestación de servizos noutra Administración pública (DOG número 246, do 29 de decembro ).

Rematado o prazo de inscrición, e consonte o recollido no punto sexto da dita resolución, publícase a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas.

As solicitudes presentadas foron revisadas para comprobar a adecuación do suposto solicitado pola persoa interesada á realidade da súa situación administrativa.

As listaxes provisionais poderán consultarse no portal web corporativo:

https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/funcionarizacion/excedencias

As persoas excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG para poderen emendar, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión ou alegar o que consideren procedente.

A estimación ou desestimación das peticións formuladas entenderase implícita nunha nova resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, que será publicada no DOG, pola que se aprobarán as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal