DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 27 de xuño de 2024 Páx. 39659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2023/51-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a resolución de autorización administrativa previa e de construcción e se declara a utilidade pública do proxecto para a Regulamentación LAMT MOF809 Regueiro 9 entre os apoios BSER3W0N//16 e BSCJI77S//20 Monforte de Lemos (Lugo), no concello de Monforte de Lemos, segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 14 de xuño de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Regulamentación: LAMT MOF809 Regueiro 9 entre os apoios BSER3W0N//16 e BSCJI77S//20 Monforte de Lemos (Lugo).

Concello: Monforte de Lemos (Lugo).

Expediente: IN407A 2023/51-2.

Predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio nº

Superficie (m2)

1

99

461

Lameiros

Monte baixo

Descoñecido

BSE65IF 5//17

2.0

2

5

122

Lameiros

Prado

Descoñecido

BSDNNR 61//18

2.0

3

5

130

Lameiros

Prado

Descoñecido

BSD781 VQ//19

2.0