DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 27 de xuño de 2024 Páx. 39660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública o procedemento de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas dun monte situado na provincia de Lugo.

De conformidade co establecido no artigo 11.3 do Decreto 167/2019, do 5 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas, e no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que por espazo de dous (2) meses que computarán a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio, ábrese o período de información pública do procedemento de inscrición por solicitude de parte, no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas, do monte seguinte:

– 15,10 ha do monte veciñal en man común de Vilaformán, pertencente aos veciños de Vilaformán, en Trabada (Lugo).

Durante o período de exposición, calquera persoa física ou xurídica poderá examinar no Servizo de Montes de Lugo, situado no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na rolda da Muralla, 70, os documentos seguintes:

– Memoria xustificativa.

– Plano da masa.

– Listaxe de parcelas catastrais afectadas.

– Informe favorable do Servizo de Montes.

Este trámite requirirá a solicitude dunha cita previa a través do teléfono 982 29 45 32.

Aquelas persoas interesadas poden solicitar a información do expediente no enderezo do correo electrónico do Servizo de Montes de Lugo:

montes.lugo@xunta.gal

Así mesmo, durante o período de exposición, as persoas titulares das parcelas catastrais afectadas, individual ou colectivamente, poderán presentar as alegacións que consideren oportunas. Para iso poderán utilizar o formulario do anexo IV do Decreto 167/2019 e achegar a seguinte documentación:

a) Listaxe de parcelas catastrais incluídas na masa que son propiedade das persoas que alegan.

b) A xustificación da propiedade mediante documentación acreditativa da titularidade reflectida nos asentamentos do correspondente Rexistro da Propiedade e, na súa falta, no Catastro e, se for o caso, a acreditativa de situacións posesorias por calquera medio de proba válido en dereito ou, na falta destes, mediante declaración responsable que acredite a lexitimación para iniciar o procedemento de acordo co establecido no artigo 6.1 do decreto.

c) Se é o caso, acreditación mediante declaración responsable da condición de representante e dos poderes que ten recoñecidos para poder actuar en nome do solicitante.

d) No caso de pluralidade de persoas alegantes, listaxe completa da persoa ou persoas alegantes segundo o modelo específico dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

e) Calquera outra documentación que consideren pertinente achegar.

Este anuncio será, igualmente, obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería do Medio Rural (www.mediorural.xunta.gal).

O presente anuncio estará á disposición das persoas que o soliciten na sede electrónica.

Lugo, 12 de xuño de 2024

Mª Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo