DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 27 de xuño de 2024 Páx. 39658

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 12 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Bóveda (expediente IN407A 2023/102-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a resolución de autorización administrativa previa e de construción e se declara a utilidade pública do proxecto para a Instalación de RC TC na LMTA MOF802 no apoio nº 122-53-3 (Bóveda), no concello de Bóveda, segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 12 de xuño de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de instalación de RC TC na LMTA MOF802 no apoio nº 122-53-3 (Bóveda).

Concello: Bóveda (Lugo).

Expediente: IN407A 2023/102-2.

Nº de predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietaria

Apoio (nº)

Apoio (m2)

1

32

352

Agro

Monte alto

Descoñecido

122-53-3

2.0