DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 27 de xuño de 2024 Páx. 39523

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2024, conxunta da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e da Axencia Galega de Innovación, pola que se adxudican as axudas da Orde do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (códigos de procedemento ED481D e IN606C).

A Orde do 20 de decembro de 2023 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro de 2024), conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

O obxecto desta convocatoria é outorgar axudas ás universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC, Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia, que contraten persoas co grao de doutor que se atopen na data de peche da convocatoria nalgún dos seguintes supostos:

a) Que estivesen contratadas na convocatoria de axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral de 2021 e que non renunciasen ao contrato.

b) Que estivesen contratadas a través da modalidade A da convocatoria de axudas posdoutorais de 2019, que tiveron unha interrupción e prórroga do contrato polas causas establecidas na lei, que finalizaron o contrato e que non se presentaron á convocatoria de axudas para completar a etapa de formación posdoutoral de 2023.

No artigo 2.1 da orde de convocatoria determínase quen pode ser beneficiario e no artigo 2.2 os requisitos que deben cumprir as persoas candidatas ás axudas.

De acordo co establecido no artigo 9 desta convocatoria, unha vez analizadas as solicitudes, e tras constatar que non existían causas de exclusión en ningunha delas, o día 20 de marzo de 2024 publicouse a lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas.

As solicitudes foron ponderadas por un equipo avaliador formado por persoas expertas de fóra do Sistema de I+D+i galego, coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), a partir da documentación indicada no artigo 6 da convocatoria e segundo o baremo que se indica no artigo 10.

O resultado desta avaliación entregóuselle á Comisión de Selección definida no artigo 11 da orde de convocatoria. A Comisión de Selección elaborou un informe para os órganos instrutores no cal figuran as entidades beneficiarias, xunto coa prelación das persoas candidatas a seren destinatarias das axudas e as listas de espera para posibles substitucións.

A competencia para resolver estas axudas, por delegación da persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e da persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación, correspóndelles conxuntamente á persoa titular da Secretaría Xeral de Universidades da Consellería e á persoa titular da Dirección da Axencia Galega de Innovación, de acordo co artigo 12 da convocatoria.

O Decreto 42/2024, do 14 abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no seu artigo 1, establece que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pasa a denominarse Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. O Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, no seu artigo 3, adscribe a Axencia Galega de Innovación á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 11 das bases da convocatoria e atendendo á proposta de concesión elevada polos órganos instrutores a partir do informe da Comisión de Selección, reunida o día 6 de maio de 2024,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Conceder as axudas para completar a etapa de formación posdoutoral convocadas pola Orde do 20 de decembro de 2023 ás entidades que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no anexo I.

Segundo. Establecer dúas listas de espera, unha por cada órgano instrutor, que se relacionan no anexo II.

Terceiro. Todas as solicitudes que figuran nos anexos I e II desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. Así mesmo, as solicitudes que non figuran relacionadas nos citados anexos entenderanse denegadas ou desestimadas.

Cuarto. A data de comezo dos contratos será o día 1 de xullo de 2024.

Quinto. As axudas concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución segundo a estrutura de pagamento recollida no artigo 15 das bases da convocatoria:

Universidades do SUG: 20 axudas.

O importe das axudas das universidades do SUG imputarase ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2022-2026:

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2024

2025

2026

2027

Total

37.02.561B.444.0

UDC

4

42.000,00

156.000,00

156.000,00

129.200,00

483.200,00

37.02.561B.744.0

20.000,00

40.000,00

40.000,00

20.000,00

120.000,00

Total UDC

62.000,00

196.000,00

196.000,00

149.200,00

603.200,00

37.02.561B.444.0

USC

8

84.000,00

312.000,00

312.000,00

258.400,00

966.400,00

37.02.561B.744.0

40.000,00

80.000,00

80.000,00

40.000,00

240.000,00

Total USC

124.000,00

392.000,00

392.000,00

298.400,00

1.206.400,00

37.02.561B.444.0

UVigo

8

84.000,00

312.000,00

312.000,00

258.400,00

966.400,00

37.02.561B.744.0

40.000,00

80.000,00

80.000,00

40.000,00

240.000,00

Total UVigo

124.000,00

392.000,00

392.000,00

298.400,00

1.206.400,00

Total SUG

310.000,00

980.000,00

980.000,00

746.000,00

3.016.000,00

Demais entidades: 3 axudas.

Aplicación orzamentaria

Entidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2024

2025

2026

2027

Total

09.A2.561A.403.0

Misión Biolóxica de Galicia do CSIC

1

10.500,00

39.000,00

39.000,00

32.300,00

120.800,00

09.A2.561A.703.0

5.000,00

10.000,00

10.000,00

5.000,00

30.000,00

Total

15.500,00

49.000,00

49.000,00

37.300,00

150.800,00

09.A2.561A.443.28

Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

1

10.500,00

39.000,00

39.000,00

32.300,00

120.800,00

09.A2.561A.743.28

5.000,00

10.000,00

10.000,00

5.000,00

30.000,00

Total

15.500,00

49.000,00

49.000,00

37.300,00

150.800,00

09.A2.561A.443.25

Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC

1

10.500,00

39.000,00

39.000,00

32.300,00

120.800,00

09.A2.561A.743.25

5.000,00

10.000,00

10.000,00

5.000,00

30.000,00

Total

15.500,00

49.000,00

49.000,00

37.300,00

150.800,00

Total outras entidades

46.500,00

147.000,00

147.000,00

111.900,00

452.400,00

Sexto. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades, no caso das universidades do SUG, ou á Axencia Galega de Innovación, no caso das demais entidades indicadas no artigo 2 da convocatoria, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 15 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado ante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no caso de solicitudes pertencentes ao SUG, e ante a persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación, nos restantes casos, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

P.D. (Artigo 12 da Orde
do 20 decembro 2023)

José Alberto Díez de Castro

Secretario xeral de Universidades

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e presidente da Axencia Galega de Innovación

P.D. (Artigo 12 da Orde
do 20 decembro 2023)

Carmen Cotelo Queijo

Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Axudas concedidas

Universidade da Coruña

Nº exp.

Persoa investigadora

Rama de coñecemento

Puntuación

ED481D-2024-021

Piñeiro Corbeira, María Cristina

Ciencias

94,0000

ED481D-2024-023

Regueiro Picallo, Manuel Alberto

Enxeñaría e Arquitectura

91,0000

ED481D-2024-025

Rivadulla Costa, Diego

Artes e Humanidades

84,0000

ED481D-2024-020

Blanco Gómez, Arturo

Ciencias

81,0000

Universidade de Santiago de Compostela

Nº exp.

Persoa investigadora

Rama de coñecemento

Puntuación

ED481D-2024-012

Fernández Armesto, Mónica

Artes e Humanidades

92,0000

ED481D-2024-009

Buján Gómez, Noemí

Ciencias

90,8780

ED481D-2024-019

Peña Villasenín, Simón

Enxeñaría e Arquitectura

90,0000

ED481D-2024-010

Pedrouso Fuentes, Alba

Enxeñaría e Arquitectura

85,0000

ED481D-2024-015

Cazón Díaz, Patricia

Ciencias da Saúde

84,5714

ED481D-2024-008

López Iglesias, Clara

Ciencias da Saúde

83,0000

ED481D-2024-001

Arosa Lobato, Yago

Ciencias

80,0000

ED481D-2024-011

Seoane Viaño, Iria

Ciencias da Saúde

79,0000

Universidade de Vigo

Nº exp.

Persoa investigadora

Rama de coñecemento

Puntuación

ED481D-2024-022

Salvador Gimeno, Coral

Ciencias Sociais e Xurídicas

91,0000

ED481D-2024-002

Cassani, Lucía Victoria

Ciencias

87,0000

ED481D-2024-018

Des Villanueva, Marisela

Ciencias

86,0000

ED481D-2024-013

Arias González, Felipe

Enxeñaría e Arquitectura

83,0000

ED481D-2024-014

García Méndez, Silvia

Enxeñaría e Arquitectura

82,0000

ED481D-2024-016

García Moreiras, Iria

Ciencias

79,3529

ED481D-2024-017

Stojanovic, Milica

Ciencias

79,0000

ED481D-2024-004

Fernández Nóvoa, Diego

Ciencias

78,0000

Outras entidades

Nº exp.

Entidade

Persoa investigadora

Rama de coñecemento

Puntuación

IN606C-2024/001

Misión Biolóxica de Galicia do CSIC

Vázquez González, Carla

Ciencias

90,5000

IN606C-2024/003

Fundación Pública Galega de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

Regueiro Lorenzo, Uxía

Ciencias da Saúde

92,0000

IN606C-2024/004

Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC

Fernández García, Laura

Ciencias da Saúde

82,0000

ANEXO II

Listas de espera

Universidades do SUG

Núm. orde

Exp.

Entidade

1º Apelido

2º Apelido

Nome

Rama de coñecemento

Puntuación

1

ED481D-2024-005

USC

Rey

Araujo

Pedro María

Ciencias Sociais e Xurídicas

77,0000

2

ED481D-2024-024

UDC

Álvarez

Naveira

Antonio José

Enxeñaría e Arquitectura

77,0000

3

ED481D-2024-006

UVigo

Varela

Rodríguez

Rubén

Ciencias

75,0000

Outras entidades

Núm. orde

Exp.

Entidade

1º Apelido

2º Apelido

Nome

Rama de coñecemento

Puntuación

1

IN606C-2024/002

Fundación Pública Galega de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

Barbosa Sousa

Gouveia

Sofía Isabel

Ciencias da Saúde

81,0000