DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 27 de xuño de 2024 Páx. 39618

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ORDE do 21 de xuño de 2024 pola que se deixa sen efecto a Orde do 7 de xuño de 2024 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, publicada no Diario Oficial de Galicia número 116, do 17 de xuño.

O Decreto 137/2024, do 20 de maio, estableceu a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático respectando os principios de eficacia e economía que sempre deben presidir a actuación e a organización administrativa, así como a eficiencia e contención no gasto público.

A actual relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, como instrumento técnico de carácter público a través do cal as administracións públicas estruturan a súa organización, aínda non foi adaptada aos cambios de estrutura que tiveron lugar polas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Realizada a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, mediante a Orde do 7 de xuño de 2024 (Diario Oficial de Galicia núm. 116, do 17 de xuño), en uso das atribucións conferidas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Deixar sen efecto a Orde do 7 de xuño de 2024 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 116, do 17 de xuño.

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático