DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 27 de xuño de 2024 Páx. 39611

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2024 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 10 de xuño de 2024, polo que se fixan os prezos máximos de venda e renda das vivendas protexidas de protección autonómica en primeira ou posteriores transmisións.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 10 de xuño de 2024, adoptou, por proposta da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, o acordo polo que se fixan os prezos máximos de venda e renda das vivendas protexidas de protección autonómica en primeira ou posteriores transmisións.

En consecuencia, resolvo proceder á súa publicación no Diario Oficial de Galicia:

«Fixar os prezos máximos de venda e renda das vivendas protexidas de protección autonómica en primeira ou posteriores transmisións, conforme a proposta da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, que se xunta».

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Proposta do acordo polo que se fixan os prezos máximos de venda
e renda das vivendas protexidas de protección autonómica
en primeira ou posteriores transmisións

A fixación dos prezos máximos de venda e renda das vivendas protexidas de protección autonómica en primeira ou posteriores transmisións ten a súa xustificación no disposto no artigo 66.1 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, e no Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 2066/2008, do 12 de decembro, para o período 2009-2012, en virtude da remisión prevista na disposición adicional primeira do Decreto 18/2014, do 13 de febreiro. Á vista da citada regulación, os criterios determinados regulamentariamente para a fixación dos prezos máximos de venda das vivendas protexidas é o metro cadrado da súa superficie útil e a área xeográfica en que se localizan. Para a determinación dos prezos máximos de renda aplícase unha porcentaxe sobre os prezos máximos de venda.

O Pacto de vivenda de Galicia 2021-2025, asinado polos representantes das entidades integrantes do Pleno do Observatorio da Vivenda de Galicia o 20 de xaneiro de 2021, é un documento que xorde da análise conxunta e da contribución de todos os representados no Consello do Observatorio da Vivenda de Galicia. No devandito pacto recóllense as liñas de actuación pública na materia e constitúe un instrumento de planificación das políticas públicas neste eido para o período 2021-2025 na Comunidade Autónoma de Galicia. Na acción 1 do programa 2 do seu eixe 1, acceso á vivenda, baixo a rúbrica Impulso da vivenda protexida incídese na necesidade de revisar os prezos das vivendas protexidas para darlle viabilidade á súa promoción. Así, dispón o seguinte:

«Co obxecto de facilitar a promoción de vivendas protexidas, posibilitando que exista máis oferta, principalmente nas localidades onde existe maior dificultade de acceso á vivenda libre, faise necesario realizar unha análise dos custos da promoción, de tal xeito que poida servir de base para, se é o caso, revisar e actualizar os prezos máximos establecidos co obxecto de garantir a viabilidade da construción das vivendas protexidas e, deste xeito, facilitar o incremento do número destas.

Os prezos máximos de referencia para as vivendas protexidas levan máis de 12 anos sen actualizarse, o que provoca que, en moitos casos, non sexa viable a súa construción, polo que cómpre actualizar estes módulos co obxecto de impulsar a súa edificación».

Tras as actualizacións realizada en 2021 e 2023, en cumprimento do dito pacto, a alza dos prezos da construción experimentada nos últimos anos implica a necesidade de actualizar os ditos prezos para garantir a viabilidade da promoción de vivenda protexida de nova construción.

Á vista do anterior, proponse a adopción do seguinte

ACORDO:

Fixar os seguintes prezos máximos de venda e renda das VPA e dos seus anexos, de nova construción:

1. Prezos máximos de venda en primeira transmisión:

a) Os prezos máximos de venda en primeira transmisión das VPA determinaranse, segundo o seu réxime –especial, xeral ou concertado–, en función da área xeográfica onde estean situadas –ámbito territorial de prezo máximo superior (PMS), zona 1 e zona 2– e o prezo do metro cadrado de superficie útil. Así:

1º. Réxime especial:

PMS: 1.863,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.717,20 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.464,75 euros por metro cadrado de superficie útil.

2º. Réxime xeral:

PMS: 2.019,92 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.941,84 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.684,80 euros por metro cadrado de superficie útil.

3º. Réxime concertado:

PMS: 2.203,31 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 2.005,39 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.778,76 euros por metro cadrado de superficie útil.

b) Cando a promoción inclúa garaxes ou rochos, con independencia de que estean ou non vinculados á vivenda, o prezo máximo de venda por metro cadrado de superficie útil destes, que figurará na cualificación provisional da vivenda, non poderá exceder o 60 % do prezo máximo de venda por metro cadrado de superficie útil da vivenda, e quedan, polo tanto, fixados nos seguintes importes, en función do réxime das vivendas:

1º. Réxime especial:

PMS: 1.117,80 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.030,32 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 878,85 euros por metro cadrado de superficie útil.

2º. Réxime xeral:

PMS: 1.211,95 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.165,10 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.010,88 euros por metro cadrado de superficie útil.

3º. Réxime concertado:

PMS: 1.321,98 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.203,23 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.067,26 euros por metro cadrado de superficie útil.

Para os efectos da determinación do prezo dos anexos, só serán computables, como máximo, 8 metros cadrados de superficie útil de rocho e 25 metros cadrados de superficie útil de garaxe ou calquera outro anexo, con independencia de que a súa superficie real sexa superior.

c) O prezo máximo de venda das vivendas e anexos situados en PMS que se constrúan en solos desenvoltos coa intervención de entes ou sociedades públicas ou en solos que fosen de titularidade pública e se alleasen para a promoción de vivendas protexidas será o fixado para a zona 1, segundo o réxime das vivendas.

d) Nas promocións de vivendas para uso propio, o prezo máximo de adxudicación ou o valor da edificación, sumado ao do solo que figura na declaración de obra nova, no caso de promoción individual, terá os límites establecidos anteriormente e incluirá o conxunto dos pagamentos que efectúe a persoa promotora individual, a cooperativista ou comuneira, que sexan imputables ao custo da vivenda por seren necesarios para levar a cabo a promoción e a individualización física e xurídica desta, incluíndo, se é o caso, os honorarios da xestión.

e) Estes prezos serán de aplicación ás VPA que se cualifiquen provisionalmente a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

2. Prezos máximos de venda en segundas e ulteriores transmisións:

a) O prezo máximo de venda por metro cadrado de superficie útil, en segundas e ulteriores transmisións, será o fixado polo Acordo do Consello da Xunta, do 22 de xullo de 2021, que é ao cal remite o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de xullo de 2023, é dicir, determinarase, segundo o seu réxime, especial, xeral ou concertado, en función da área xeográfica onde estean situadas –ámbito territorial de prezo máximo superior (PMS), zona 1 e zona 2– e o prezo do metro cadrado de superficie útil. Así:

1º. Réxime especial:

PMS: 1.500 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.325 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.085 euros por metro cadrado de superficie útil.

2º. Réxime xeral:

PMS: 1.585 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.450 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.200 euros por metro cadrado de superficie útil.

3º. Réxime concertado:

PMS: 1.774 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.522 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.350 euros por metro cadrado de superficie útil.

b) Cando a promoción inclúa garaxes ou rochos, con independencia de que estean ou non vinculados á vivenda, o prezo máximo de venda por metro cadrado de superficie útil destes, que figurará na cualificación provisional da vivenda, non poderá exceder o 60 % do prezo máximo de venda por metro cadrado de superficie útil da vivenda, e quedan, polo tanto, fixados nos seguintes importes, en función do réxime das vivendas:

1º. Réxime especial:

PMS: 900 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 795 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 651 euros por metro cadrado de superficie útil.

2º. Réxime xeral:

PMS: 951 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 870 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 720 euros por metro cadrado de superficie útil.

3º. Réxime concertado:

PMS: 1.064,40 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 913,20 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 810 euros por metro cadrado de superficie útil.

Para os efectos da determinación do prezo dos anexos, só serán computables, como máximo, 8 metros cadrados de superficie útil de rocho e 25 metros cadrados de superficie útil de garaxe ou calquera outro anexo, con independencia de que a súa superficie real sexa superior.

c) O prezo máximo de venda das vivendas e anexos situados en PMS construídas en solos desenvoltos coa intervención de entes ou sociedades públicas ou en solos que fosen de titularidade pública e se alleasen para a promoción de vivendas protexidas será o fixado para a zona 1, segundo o réxime das vivendas.

d) Estes prezos serán de aplicación ás segundas e ulteriores transmisións de VPA que se formalicen a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

3. Prezos máximos de renda das VPA:

O prezo máximo de renda será o resultante de aplicar o 3 % ao prezo máximo de venda en primeira transmisión que correspondería á vivenda protexida que se alugue, segundo a área xeográfica en que se sitúe, agás no suposto en que a renda resultante fose inferior á que lle correspondería, de conformidade co previsto no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de xullo de 2023, caso en que se manterá a fixada no dito acordo, é dicir, a renda anual por metro cadrado de vivenda será a seguinte:

1º. Réxime especial:

PMS: 59,94 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 52,95 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 43,94 euros por metro cadrado de superficie útil.

2º. Réxime xeral:

PMS: 63,34 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 58,26 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 50,54 euros por metro cadrado de superficie útil.

3º. Réxime concertado:

PMS: 70,89 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 60,83 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 53,95 euros por metro cadrado de superficie útil.

A renda anual por metro cadrado de anexos non poderá exceder o 60 % do prezo de renda por metro cadrado da vivenda, é dicir:

1º. Réxime especial:

PMS: 35,96 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 31,77 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 26,37 euros por metro cadrado de superficie útil.

2º. Réxime xeral:

PMS: 38,01 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 34,95 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 30,33 euros por metro cadrado de superficie útil.

3º. Réxime concertado:

PMS: 42,54 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 36,50 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 32,37 euros por metro cadrado de superficie útil.

A dita renda máxima deberá figurar na cualificación provisional da vivenda e poderá actualizarse anualmente de conformidade co previsto na lexislación de arrendamentos urbanos. A persoa arrendadora poderá repercutir á persoa inquilina os gastos que permita a lexislación aplicable.

e) Estes prezos máximos de renda serán de aplicación ás VPA que se cualifiquen provisionalmente a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

4. Prezos máximos de renda en segundos e ulteriores contratos de arrendamento das vivendas de protección oficial de promoción privada e de protección autonómica de plans anteriores.

Para calcular o prezo máximo de renda en segundos e ulteriores contratos de arrendamentos das vivendas de protección oficial de promoción privada e de protección autonómica de plans anteriores aos prezos establecidos no número 4 do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de xullo de 2023, que correspondería ás vivendas do mesmo tipo e na mesma zona territorial, aplicarase unha suba do 3 %.

Para os efectos de fixar as equivalencias entre as diferentes denominacións das vivendas nos distintos plans de vivenda, observarase o establecido no número 2 da disposición adicional terceira do Decreto 402/2009, do 22 de outubro, respecto ás vivendas de protección oficial de promoción privada e de protección autonómica de plans anteriores a 2009-2012.

Non obstante, poderán manterse os importes que se viñan percibindo no suposto de que, da aplicación dos novos prezos ás renovacións e aos novos contratos de alugamento de vivendas, resultase unha minoración destes.

Estes prezos máximos de renda serán de aplicación aos segundos e ulteriores contratos de arrendamento das vivendas de protección oficial de promoción privada e de protección autonómica de plans anteriores que se presenten no IGVS para o seu visado a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.