DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 27 de xuño de 2024 Páx. 39680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 12 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-FE-0245/2023-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-FE-0245/2023-PPM e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

A Coruña, 12 de xuño de 2024

María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0245/2023-PPM

47372160A

Resolución

Lugar Cesullas, 6, O Burgo, Cabana de Bergantiños

PSC-FE-0246/2023-PPM

78803150K

Resolución

Lugar Pardiñas, 26, Tallo, Ponteceso

PSC-FE-0253/2023-PPM

76778104X

Resolución

R/ San, 72, Abanqueiro, Boiro

PSC-FE-0285/2023-PPM

53484472L

Resolución

Rúa Angustia, nº 48, Posmarcos, A Pobra do Caramiñal

PSC-FE-0293/2023-PPM

76969830P

Resolución

Lugar A Igrexa, 29, Taragoña, Rianxo

PSC-FE-0300/2023-V

53489909M

Resolución

R/ María Mariño, 6-A, A Pobra do Caramiñal