DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 27 de xuño de 2024 Páx. 39682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 12 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0143/2024-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0143/2024-PPM e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para presentaren cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuaren alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 12 de xuño de 2024

María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0143/2024-PPM

76968154B

Inicio

Rúa 1, San Lázaro, 39, 2º, Boiro

PSC-FE-0154/2024-PPM

47363884F

Inicio

O Portiño, nº 61, baixo, A Coruña

PSC-FE-0155/2024-PPM

49683301N

Inicio

Rúa Cordelería, 10, A Coruña

PSC-FE-0159/2024-PPM

76969830P

Inicio

A Igrexa, 29, Taragoña, Rianxo

PSC-FE-0167/2024-PPM

32609033R

Inicio

R/ Mugardos, 8, 1º D, Ferrol

PSC-FE-0173/2024-V

53484472L

Inicio

Rúa Angustia, nº 48, Posmarcos, A Pobra do Caramiñal