DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 27 de xuño de 2024 Páx. 39678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 31 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños números 685 e 79.

Mediante este anuncio faise público que mediante a Resolución da directora territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 31 de maio de 2024, se autorizou a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños que a seguir se describen:

– Parque 1:

Identificación e localización: parcela número 685 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, concello de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 303,11 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

– Parque 2:

Identificación e localización: parcela número 79 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, concello de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 90,60 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa.

Actuais titulares: Carmen María López Veloso (***5909**) e Margarita López Veloso (***5222**).

Novos titulares: Carmen María López Veloso (***5909**) (50 % pleno dominio), Carmen Lago López (***4162**) (12,5 % pleno dominio e 4,16 % núa propiedade), Sara Lago López (***4162**) (12,5 % pleno dominio e 4,16 % núa propiedade), Ramón Lago López (***4162**) (12,5 % pleno dominio e 4,16 % núa propiedade) e Ramón José Lago Placer (***5226**) (12,5 % usufruto).

Os novos titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Vigo, 31 de maio de 2024

Sonia Lorenzo Santos
Directora territorial de Vigo