1. Entidade adxudicadora:
Organismo: entidade pública empresarial Portos de Galicia.
Dependencia que tramita o expediente: Dirección.
Número de expediente: PRG-2024-0046.
2. Obxecto da licenza.
Descrición do obxecto: a prestación dos servizos portuarios especiais técnico-náuticos de practicaxe e, de amarre e desamarre de buques.
Lugar da concesión: os portos de Cariño, Burela e Viveiro-Celeiro.
Prazo de duración da licenza: vixencia máxima de 10 anos e non superará en ningún caso o prazo de 11, 25 anos indicados na lei por estar limitada a concorrencia a un único prestador.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa, tendo en conta os criterios de valoración das ofertas que figuran no prego de bases do concurso.
4. Tarifas: as especificadas no anexo III da Resolución do 26 de outubro de 2023, pola que se publican o acordo de aprobación da modificación do novo prego de condicións xerais do servizo portuario especial de practicaxe e o novo prego de condicións xerais do servizo especial de amarre e desamarre de buques dos portos de Cariño, Burela e Viveiro-Celeiro.
5. Obtención de documentación e información:
Entidade: entidade pública empresarial Portos de Galicia.
Domicilio: praza de Europa, 5 A, 6º. Polígono de As Fontiñas (Área Central).
Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.
Teléfono: 881 95 00 95 / 881 99 52 70.
Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
Perfil de contratante: o prego de bases desta convocatoria poderase obter no seguinte enderezo da internet:
https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=34&OR=34&SORT=2&ORDER=2
6. Requisitos específicos do solicitante: os especificados no prego de bases.
7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.
Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións será de trinta (30) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará ás catorce (14.00) horas do último día. En caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do día hábil seguinte.
Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse en dous (2) arquivos electrónicos, segundo se especifica no prego de bases do concurso.
Lugar de presentación: electrónico a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).
Prazo durante o que o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións.
8. Apertura das ofertas: electrónico a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).
Entidade: entidade pública empresarial Portos de Galicia.
Domicilio: praza de Europa, 5 A, 6º. Polígono de As Fontiñas (Área Central).
Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.
Data: A apertura pública das ofertas (sobre 2) levarase a cabo no mesmo ou en acto posterior, unha vez transcorrido, se é o caso, o prazo para a corrección das deficiencias do acto de apertura da documentación xeral do sobre 1.
9. Outras informacións: a Mesa de Contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre 1 e publicará no Perfil de contratante o resultado da apertura, para que, logo de comunicación aos interesados, se emenden, se for o caso e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na devandita documentación.
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2024
José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia