DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 27 de xuño de 2024 Páx. 39690

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2024 pola que se fai pública a convocatoria para o outorgamento dunha única licenza de prestación dos servizos especiais técnico-náuticos de practicaxe e de amarre e desamarre de buques dos portos de Cee, Laxe, Corcubión e Sada (procedemento aberto sistema único criterio prezo) (expediente PRG-2024-0047).

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección.

Número de expediente: PRG-2024-0047.

2. Obxecto da licenza.

Descrición do obxecto: a prestación dos servizos portuarios especiais técnico-náuticos de practicaxe e de amarre e desamarre de buques.

Lugar da concesión: os portos de Cee, Laxe, Corcubión e Sada.

Prazo de duración da licenza: vixencia máxima de 5 anos e non superará en ningún caso o prazo de 11, 25 anos indicados na lei por estar limitada a concorrencia a un único prestador.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa, tendo en conta os criterios de valoración das ofertas que figuran no prego de bases do concurso.

4. Tarifas: as especificadas no anexo III da Resolución do 26 de outubro de 2023, pola que se publican o acordo de aprobación da modificación do novo prego de condicións xerais do servizo portuario especial de practicaxe e o novo prego de condicións xerais do servizo especial de amarre e desamarre de buques dos portos de Cee, Laxe, Corcubión e Sada.

5. Obtención de documentación e información:

Entidade: entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa, 5 A -6º. Polígono das Fontiñas (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

Teléfono: 881 95 00 95 / 881 99 52 70.

Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

Perfil de contratante: o prego de bases desta convocatoria poderase obter no seguinte enderezo da internet:

https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=34&OR=34&SORT=2&ORDER=2

6. Requisitos específicos do solicitante: os especificados no prego de bases.

7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións será de trinta (30) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará ás catorce (14.00) horas do último día. En caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse en dous (2) arquivos electrónicos, segundo se especifica no prego de bases do concurso.

Lugar de presentación: electrónico a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).

Prazo durante o que o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: electrónico a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).

Entidade: entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa, 5 A, 6º. Polígono das Fontiñas (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

Data: a apertura pública das ofertas (sobre 2) levarase a cabo no mesmo ou en acto posterior, unha vez transcorrido, se é o caso, o prazo para a corrección das deficiencias do acto de apertura da documentación xeral do sobre 1.

9. Outras informacións: a Mesa de Contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre 1 e publicará no Perfil de contratante o resultado da apertura, para que, logo de comunicación aos interesados, se emenden, se for o caso e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na devandita documentación.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2024

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia