DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 27 de xuño de 2024 Páx. 39686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 27 de maio de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Caldas de Reis que supón a extinción da DH.A36.12556 (expediente DH.A36.99625).

En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: José Carlos e María Isabel Cascallar Iglesias.

Expediente: DH.A36.99625.

Volume total anual: 436,50 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,02 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: catro (4) mananciais situados na parcela 1, polígono 53 do catastro de Caldas de Reis.

Lugar: Cope.

Parroquia: Carracedo.

Concello: Caldas de Reis.

Descrición:

A auga dos mananciais, captada en arquetas de aros formigón, reúnese para conducila a unha caseta na parcela 757, polígono 48, onde se reparte en dous depósitos. De cada deposito segue ás vivendas abastecidas nas parcelas 757 e 476, polígono 48.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, núm. 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 27 de maio de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur