DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 26 de xuño de 2024 Páx. 39462

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de adxudicación dun posto de traballo de oficial convocado para a súa provisión polo sistema de mobilidade, mediante concurso, entre o persoal funcionario de carreira doutros corpos da Policía local OEP 2023.

A Concellaría de goberno responsable da Área de Servizos non Territorializados, mediante a Resolución do 18.6.2024, adxudicou un posto de traballo de oficial da Policía local do Concello de Pontevedra convocado para a súa provisión polo sistema de mobilidade, mediante concurso, entre o persoal funcionario de carreira doutros corpos da Policía local a favor de:

– Miguel Ángel Varela Tourís, con DNI *** 6326**.

A devandita adxudicación efectuouse de conformidade coa proposta do tribunal cualificador do 30.5.2024 e implica así mesmo a adxudicación da praza de oficial correspondente ao posto de traballo adxudicado e a integración da persoa adxudicada como funcionaria de carreira coa categoría de oficial da escala básica de Administración especial, subescala de servizos especiais, do corpo da Policía local do Concello de Pontevedra (grupo C, subgrupo C1).

Ao que se lle dá publicidade de conformidade coas bases da convocatoria e o punto terceiro da propia resolución, tras o cal iniciarase o cómputo dos prazos de cesamento e posesorio previstos na base 13ª reguladoras da convocatoria.

Contra a devandita resoluciónde nomeamento, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente consonte dereito.

Pontevedra, 19 de xuño de 2024

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 5.6.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados