DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 26 de xuño de 2024 Páx. 39463

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de adxudicación de dous postos de traballo de policía convocados para a súa provisión polo sistema de mobilidade, mediante concurso, entre persoal funcionario de carreira doutros corpos da policía local (OEP 2023).

A Concellaría de goberno responsable da Área de Servizos non Territorializados, mediante a Resolución do 18 de xuño de 2024, adxudicou dous postos de traballo de policía da Policía Local do Concello de Pontevedra convocados para a súa provisión polo sistema de mobilidade, mediante concurso, entre persoal funcionario de carreira doutros corpos da policía local, a favor de:

– Jacinto Valido Martín, con DNI***0647**.

– Iván Ortigueira Outón, con DNI ***1371**.

As devanditas adxudicacións efectuáronse de conformidade coa proposta do tribunal cualificador do 30 de maio de 2024 e implican, así mesmo, a adxudicación das prazas de policía correspondentes aos postos de traballo adxudicados e a integración das persoas adxudicadas como funcionarios de carreira coa categoría de policía da escala básica de Administración especial, subescala de servizos especiais, do corpo da Policía Local do Concello de Pontevedra (grupo C, subgrupo C1).

Ao que se lle dá publicidade de conformidade coas bases da convocatoria e a epígrafe cuarta da propia resolución, tras o cal iniciarase o cómputo dos prazos de cesamento e posesorio previstos na base 13ª reguladora da convocatoria.

Contra a devandita resolución de nomeamento, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer ben recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente conforme o dereito.

Pontevedra, 19 de xuño de 2024

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 5.6.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados