DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 26 de xuño de 2024 Páx. 39465

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal na parcela 253 do polígono A Granxa e SUR PPI 5.

O Pleno do Concello do Porriño en sesión ordinaria do 27 de maio de 2024, adoptou o acordó que a seguir se transcribe:

«1º) Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal na parcela 253 do polígono da Granxa e SUR PPI 5 para a apertura de viario interior de comunicación industrial redactado por Visier Arquitectos.

2º) Someter o expediente a exposición pública por un prazo de dous meses mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior difusión da provincia e no taboleiro do concello.

3º) Solicitar informe sectorial aos seguintes órganos:

– Dirección Xeral de Aviación Civil.

– Confederación Hidrográfica do Miño Sil.

– Delegación do Goberno.

– Ministerio de Industria e Enerxía.

– Axencia Galega de Infraestruturas.

– Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

– Augas de Galicia.

4º) Suspender o outorgamento de licenzas de edificación, urbanización e parcelación que poidan ser incompatibles coa ordenación urbanística que sexa de aprobación».

O Porriño, 30 de maio de 2024

Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde