DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 26 de xuño de 2024 Páx. 39461

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de reforma interior do Plan especial de ordenación do núcleo rural número 1 A Portela, do Plan xeral de ordenación municipal de Ponteareas.

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria que tivo lugar o 4 de xuño de 2024, aprobou inicialmente o Plan especial de reforma interior do Plan especial de ordenación do núcleo rural (PEONR) número 1 A Portela, do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Ponteareas, redactado pola empresa Ordenación Territorial, Infraestruturas e Medio Ambiente, S.L. (OTIMA, S.L.) e asinado por Francisco Javier Rivas Barros (arquitecto col. 1.105 do COAG).

Ábrese un período de información pública durante dous meses mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e, con carácter previo, nun dos xornais de maior difusión na provincia. O prazo comezará a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O expediente poderá consultarse no Servizo de Urbanismo do Concello, das 8.30 ás 13.30 horas, de luns a venres (salvo festivos), e tamén electronicamente a través do Portal de transparencia do Concello de Ponteareas, na seguinte ligazón:

https://ponteareas.sedelectronica.gal/transparency

Deberá premer na pestana «7. Urbanismo, obras públicas e ambiente».

Ponteareas, 11 de xuño de 2024

María Nava Castro Domínguez
Alcaldesa