DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 25 de xuño de 2024 Páx. 38915

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, da mesma data, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da extinta Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O Decreto 49/2024, do 22 de abril, fixou a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia e recolleu, no seu artigo 9, a nova Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. A estrutura orgánica desta nova consellería estableceuse mediante o Decreto 146/2024, do 20 de maio, e está pendente de modificar a relación de postos de traballo para adaptala aos cambios operados por este novo decreto de estrutura.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da extinta Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal da Consellería de Facenda e Administración Pública, e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 24 de xuño de 2024, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da extinta Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, en desenvolvemento da Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 30 de marzo de 2022, pola que se convocou proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidades de enxeñaría de minas; escala de arqueólogos; escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidades de arquivos, bibliotecas e museos (DOG núm. 65, do 4 de abril).

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 24 de xuño de 2024, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da extinta Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda, do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

missing image file
missing image file