DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 25 de xuño de 2024 Páx. 38919

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, da mesma data, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da Axencia Tributaria de Galicia, e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 24 de xuño de 2024, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 24 de xuño de 2024, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda, do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file