DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 25 de xuño de 2024 Páx. 39065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 12 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se publica a anulación da sección segunda do Acordo de concertación do emprego público de Galicia (Orde do 15 de xaneiro de 2019).

Con data do 14 de xullo de 2021 ditouse a sentenza no marco do citado P.O. 95/2019, na cal se indica o seguinte:

«Estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto pola representación legal da Confederación Intersindical Galega (CIG) contra a Orde do 15 de xaneiro de 2019 (DOG núm. 19, do 28 de xaneiro) pola que se publica o Acordo de concertación do emprego público de Galicia e se anula a sección 2ª (sistema de carreira profesional) da orde impugnada, e aqueloutros artigos instrumentais e aplicables da mesma orde dirixidos a desenvolver o disposto na sección 2ª do Acordo de concertación, e pola que se acorda a publicación da anulación no Diario Oficial de Galicia para o coñecemento xeral dos afectados/as, do mesmo xeito que se publicaron as normas impugnadas, e todo isto sen facer expresamente imposición das custas a ningunha das partes».

Cómpre salientar que, a pesar da sinalada anulación, todo o persoal que teña recoñecido o grao I da carreira profesional convocado no ano 2019 ou que o teña adquirido por recoñecemento administrativo e/ou sentenza xudicial firme individualizada, manterá este complemento, como así se estableceu na Orde do 22 de novembro de 2022 pola que se publica o acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT para o establecemento do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral da Xunta de Galicia e a Orde do 22 de novembro de 2022 pola que se publica o acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais UGT, CC.OO. e CSIF para o desenvolvemento do sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2024

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal