DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 25 de xuño de 2024 Páx. 38995

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2024 pola que se resolven as solicitudes de subvención convocadas pola Resolución do 15 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias e se convocan para 2024 (código de procedemento MR302B).

A Resolución do 15 de marzo de 2024 (publicada no DOG do 27 de marzo) establece o marco das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias e convoca as do exercicio orzamentario de 2024 (procedemento MR302B).

As axudas convocadas consisten en subvencións para actuacións relacionadas coa implantación e desenvolvemento de programas de mellora e control da calidade e da orixe dos produtos agroalimentarios galegos amparados por algunha denominación xeográfica de calidade das reguladas no capítulo II do título III da Lei 1/2024, do 11 de xaneiro, ou acollidos á produción ecolóxica a que se refire o capítulo IV do mesmo título da dita lei. A concesión das subvencións, segundo establecen as bases reguladoras, efectuarase mediante concorrencia competitiva polo sistema de rateo.

De conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións convocadas mediante concorrencia competitiva deben ser obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas, e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias, procede resolver a convocatoria.

Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Por todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións convocadas pola Resolución do 15 de marzo de 2024 (publicada no DOG núm. 62, do 27 de marzo) pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias e se convocan para 2024 (código de procedemento MR302B). Estas axudas van con cargo á aplicación orzamentaria 14.A2.713D.781.0, código de proxecto 2011 00765, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

Os beneficiarios e as contías destas axudas relaciónanse no anexo I desta resolución, e para a súa adxudicación tivéronse en conta os requisitos e criterios establecidos no artigo 5 da convocatoria. Os gastos atendibles para cada expediente son os que figuran no anexo II.

Sinálase que para os gastos directamente relacionados coa acreditación se concede un 50 % de axuda sobre o gasto subvencionable e, para o resto de gastos, unha vez aplicado o rateo, aplicouse unha porcentaxe de axuda do 43,345 % (equivalente a un 86,69 % sobre a porcentaxe máxima de subvención, que é do 50 %) do investimento subvencionable.

Estas axudas teñen por finalidade apoiar as actuacións relacionadas coa implantación e desenvolvemento de programas de mellora e control da calidade e da orixe dos produtos agroalimentarios galegos.

Segundo. Informar do seguinte os consellos reguladores beneficiarios que figuran nos anexos desta resolución:

a) As condicións de aplicación a estas axudas son, con carácter xeral, as establecidas na Resolución desta consellería do 15 de marzo de 2024, que as regula e, supletoriamente, as establecidas na normativa autonómica, estatal e comunitaria aplicable. Ademais, estas axudas teñen o carácter de axudas de minimis, polo que deben cumprir o establecido no Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

b) Para a concesión desta axuda e o establecemento das súas características tívose en conta a información e a documentación incluída coa solicitude de axuda. Calquera modificación que afecte esta información ou documentación achegada poderá dar lugar á modificación desta resolución, coa revogación da axuda, se for o caso.

c) Para proceder ao pagamento da subvención, o beneficiario deberá cumprir as condicións establecidas na Resolución do 15 de marzo de 2024 e, sen superar a data límite de xustificación que se establece na letra f), presentar a seguinte documentación:

– Memoria explicativa do programa desenvolvido e xustificantes dos gastos realizados, acompañados dunha relación numerada de todos eles. No caso dos pagamentos de salarios ao persoal, presentarase copia das nóminas, RLC e RNT (antes TC1 e TC2) e o modelo 111 dos trimestres que correspondan. Presentarase tamén a documentación que acredite o pagamento dos gastos realizados (extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados). Na memoria especificaranse cales dos gastos realizados están, de ser o caso, directamente vinculados coa acreditación do consello regulador, conforme o establecido no artigo 5.3 da citada Resolución do 15 de marzo de 2024.

– Declaración do beneficiario sobre calquera outra axuda de minimis (Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis) solicitada ou recibida nos tres anos previos.

– Declaración do beneficiario sobre outras axudas solicitadas ou concedidas para os mesmos gastos, das distintas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

As declaracións sobre axudas a que se refiren os dous parágrafos anteriores presentaranse conforme o modelo de declaracións do anexo II da citada Resolución do 15 de marzo de 2024 desta axencia.

d) Infórmase, ademais, de que os seus datos persoais serán obxecto das publicacións legalmente establecidas de acordo co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas da Administración pública galega, e do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

e) Só se admitirán modificacións na execución dos investimentos subvencionables nas condicións sinaladas no artigo 14 da Resolución do 15 de marzo de 2024.

f) A data límite de xustificación será o 16 de setembro de 2024.

As resolucións expresas ou presuntas ditadas en aplicación desta resolución non porán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso de alzada ante a presidencia da Axencia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2024

Martín Alemparte Vidal
Director xeral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANEXO I

Axudas concedidas

Núm. expediente e beneficiario

Gasto máximo atendible

Subvención

Vinculado á acreditación (€)

(núm. alcances)

Non vinculado á acreditación (€)

Total (€)

Para gastos vinculados á acreditación (€)

Para gastos non vinculados á acreditación
tras o rateo (€)

Subvención total (€)

G-001-PCC-24

Craega

72.000 (7)

42.000

114.000

36.000

18.205,59

54.205,59

G-002-PCC-24

CR DO Monterrei

18.000 (1)

42.000

60.000

9.000

18.205,59

27.205,59

G-003-PCC-24

CR DO Rías Baixas

18.000 (1)

42.000

60.000

9.000

18.205,59

27.205,59

G-004-PCC-24

CR DO Ribeira Sacra

18.000 (1)

42.000

60.000

9.000

18.205,59

27.205,59

G-005-PCC-24

CR DO Ribeiro

18.000 (1)

42.000

60.000

9.000

18.205,59

27.205,59

G-006-PCC-24

CR DO Valdeorras

18.000 (1)

42.000

60.000

9.000

18.205,59

27.205,59

G-007-PCC-24

CR DOP Arzúa-Ulloa

2.390 (1)

18.874,7

21.264,45

1.194,88

8.181,55

9.376,43

G-008-PCC-24

CR DOP Cebreiro

0

1.742,05

1.742,05

0

755,12

755,12

G-009-PCC-24

CR DOP Queixo Tetilla

18.000 (1)

42.000

60.000

9.000

18.205,59

27.205,59

G-010-PCC-24

CR DOP San Simón da Costa

0

4.905,43

4.905,43

0

2.126,34

2.126,34

G-011-PCC-24

CR das II.XX. Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

0

42.000

42.000

0

18.205,59

18.205,59

G-012-PCC-24

CR IXP Castaña de Galicia

0

1.164,93

1.164,93

0

504,96

504,96

G-013-PCC-24

CR IXP Mel de Galicia

13.000 (1)

40.000

53.000

6.500

17.338,66

23.838,66

G-014-PCC-24

CR IXP Pan de Cea

0

7.711,22

7.711,22

0

3.342,56

3.342,56

G-015-PCC-24

CR IXP Pataca de Galicia

36.000 (3)

42.000

78.000

18.000

18.205,59

36.205,59

G-016-PCC-24

CR IXP Carne de Vacún de Galicia

18.000 (1)

42.000

60.000

9.000

18.205,59

27.205,59

Total

249.390

494.398,33

743.788,08

124.694,88

214.305,09

338.999,97

ANEXO II

Gastos atendibles

Nº expediente

Beneficiario

Gastos subvencionables non vinculados á acreditación

Gastos subvencionables vinculados á acreditación

G-001-PCC-24

CR Agricultura Ecolóxica de Galicia

Retribucións brutas e Seguridade Social de técnicos auditores

Cota anual renovación da acreditación UNE-EN-45011-UNE 17065 e gastos de auditoría interna e auditoría ENAC

Analíticas acreditadas UNE 17025

Retribucións do responsable de calidade e técnicos de control

G-002-PCC-24

CR DO Monterrei

Persoal laboral

Persoal para a colleita

Incentivos ao rendemento do panel de cata-comité de certificación

Custas sociais do persoal contratado

Material de oficina

Gastos de toma de mostras e envío

Acreditación UNE-EN 17065 e xestións relacionadas con ela

Análises químicas

G-003-PCC-24

CR DO Rías Baixas

Ferramenta informática (ERP-Exit)

Equipamentos informáticos

Persoal propio para execución do programa de calidade

Gastos renting de vehículos para auditorías e recollida de mostras

Ampliación colaboración coa Universidade de Vigo na consolidación e mellora da implantación dun sistema de xestión conforme a norma UNE-EN ISO/IEC 17065

Mantemento e taxas auditoría acreditación

Análises EVEGA

G-004-PCC-24

CR DO Ribeira Sacra

Soldo e Seguridade Social da directora técnica e auditores

Gastos ENAC

Laboratorio

G-005-PCC-24

CR DO Ribeiro

Gastos de persoal: nóminas de xaneiro a xuño

Auditoría ENAC

Análises laboratorio acreditado

Asesoramento Uvigo

G-006-PCC-24

CR DO Valdeorras

Gastos de persoal: soldo e Seguridade Social do director técnico e do técnico

ENAC: custos de auditoria e mantemento

Axudas custo catadores

G-007-PCC-24

CR DOP Arzúa-Ulloa

Gastos de persoal relacionados coa certificación

Gastos panel de cata

Equipamento informático

Análises queixo LIGAL

Auditoría Agacal

Adaptación documentación ENAC

G-008-PCC-24

CR DOP Cebreiro

Control e certificación realizados pola Agacal

G-009-PCC-24

CR DOP Queixo Tetilla

Retribucións básicas, cotas sociais, axudas de custo

Acreditación UNE-EN 17065

Panel de cata

Análise de produto

G-010-PCC-24

CR DOP San Simón da Costa

Control e certificación realizados pola Agacal

G-011-PCC-24

CR das II.XX. Augardentes e licores tradicionais de Galicia

Retribucións, cotas sociais, gastos de desprazamentos, peaxes e axudas de custo do persoal do consello regulador, panel de cata e comité de apelación

Material e medios precisos para o desenvolvemento do programa de control, recolla de mostras e inspeccións: compras produto embotellado, análises do laboratorio, gastos de teléfono, transporte do envío de mostras e documentación, material de oficina, mobiliario almacenamento botellas de mostras, botellas, tapóns, etiquetas, material para o desenvolvemento das catas

Aplicacións e programas informáticos para o procesamento, rexistro e tratamento de datos. Mantemento do programa informático

Custo servizo control e certificación realizado por Agacal

G-012-PCC-24

CR IXP Castaña de Galicia

Control e certificación realizados pola Agacal

G-013-PCC-24

CR IXP Mel de Galicia

Gastos de persoal: nóminas, Seguridade Social e axudas de custo

Gastos análise de laboratorio, transporte, material de control e outros

ENAC: Cota de mantemento e auditoría de seguimento

Asesoramento análise sensorial

Laboratorio acreditado

Axudas de custo relacionadas co mantemento da acreditación

G-014-PCC-24

CR IXP Pan de Cea

Control e certificación realizados pola Agacal

G-015-PCC-24

CR IXP Pataca de Galicia

Desprazamentos vehículo

Seguro responsabilidade civil

Compra produto

Material informático

Material de laboratorio

Gastos de persoal

Calibracións de patróns, pesas e filtros

Mantemento ENAC

Gastos de persoal

G-016-PCC-24

CR IXP Carne de Vacún de Galicia

Salarios e cotas sociais do persoal de control e auditorías

Cota anual mantemento acreditación ENAC

Auditoría ENAC

Laboratorios acreditados