DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 25 de xuño de 2024 Páx. 39003

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 17 de xuño de 2024 pola que se modifica a Orde do 21 de xuño de 2023 pola que se fai pública a relación de persoal que superou os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B) (Diario Oficial de Galicia número 206, do 28 de outubro de 2022; corrección de erros, Diario Oficial de Galicia número 216, do 14 de novembro de 2022).

Mediante a Orde do 19 de outubro de 2022 convocáronse os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B).

Pola súa vez, o 30 de xuño de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 21 de xuño de 2023 pola que se fai pública a relación de persoal que superou os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B).

En virtude da estimación de recurso de alzada en relación co procedemento selectivo convocado pola Orde do 19 de outubro de 2022, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLVE:

Primeiro. Modificar a Orde do 21 de xuño de 2023 pola que se fai pública a relación de persoal que superou os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B) (Diario Oficial de Galicia número 124, do 30 de xuño), incluíndo nesa relación co número de orde, especialidade e baremo definitivo que se especifica a seguinte persoa:

Corpo de profesores de Música e Artes Escénicas

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Baremo

Especialidade 594124-Interpretación no Teatro de Texto

5

***2685**

Fernández Pérez, Rosa Mariana

L

10,9

Segundo. O disposto no punto anterior supón modificar o número de orde da lista de persoas aprobadas nesa especialidade que acadaron unha puntuación no proceso selectivo, con respecto á obtida pola recorrente, inferior ou igual, de acordo cos criterios de desempate establecidos na citada convocatoria.

Terceiro. A persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán recorrer potestativamente en reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou formular directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional