DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 25 de xuño de 2024 Páx. 39084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 10 de xuño de 2024 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola de varias parcelas na parroquia de Muradelle do termo municipal de Chantada (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro (BOE do 6 de decembro), faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Dirección Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 10 de xuño de 2024, o cambio de actividade de forestal a agrícola das parcelas 447 (recintos 1, 3, 5, 6 e 7), 457 (recintos 2, 3 e 4), 458, 461, 489 (recintos 3 e 4), 502 (recinto 2), 503 (recinto 2) e 506 (recinto 2) do polígono 23 do concello de Chantada (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado o 20 de maio de 2024.

Lugo, 12 de xuño de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo