DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 25 de xuño de 2024 Páx. 39077

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de xuño de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación do monte Pol, no concello de Baralla (expediente 1/2023).

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de se-tembro, e de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión do 4 de xuño de 2024, baixo a presidencia de María Olga Iglesias Fontal e coa asistencia dos vogais Manuel González Fernández, Josefina Pereira de la Riera e Inmaculada Mourín González, e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou a resolución de clasificar como veciñal en man común o seguinte monte:

– Denominación: Pol.

– Comunidade propietaria: veciños/as da parroquia de Santa Mariña de Pol.

– Concello: Baralla.

– Superficie: 17,45 hectáreas.

Na seguinte táboa indícanse as referencias catastrais das parcelas obxecto de clasificación, así como das estremeiras. O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, facilita a súa localización.

Parcelas de clasificación

Lindes

Parcelas estremeiras

27036A108006610000SW (parcialmente)

e 27036A109006290000SZ

Norte

27036A10800662

27036A10800660

Leste

27036A10809033 (camiño)

27036A10809032 (camiño)

27036A10900605

27036A10909018 (camiño)

Sur

27036A10900250

27036A10900317

Oeste

27036A10909009 (camiño)

27036A10800661

Contra esta resolución poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 11 de xuño de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

Plano dos terreos clasificados como MVMC Pol

missing image file