DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 25 de xuño de 2024 Páx. 39067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de xuño de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 15/77 e vinte e cinco máis.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o xurado, na reunión que tivo lugar o 17.9.2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión realizada polo xurado provincial o día 4.6.2024 figuran os seguintes acordos:

– MVMC Visuña (expediente 15/77), pertencente aos veciños de Visuña e Céramo, da parroquia de Visuña, no concello de Folgoso do Courel.

O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Visuña e Céramo para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras o requirimento oportuno, o 17.1.2024 e 30.1.2024 foron presentadas as emendas da solicitude. Así mesmo, o 26.4.2024 e 29.4.2024 tivo entrada a mellora voluntaria da proposta ao detectar o solicitante un erro na achegada con anterioridade.

O 9.1.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (nº 2022_198), en que se recolle que a superficie do monte de Visuña pasa a ser de 1.142,652 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Ferreiras (expediente 102/75), pertencente aos veciños de Ferreiras, parroquia de Noceda, concello das Nogais.

O 19.8.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Ferreiras para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 9.4.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (nº 2022_52), en que se recolle a definición do novo esbozo, con indicación de que non se incorpora ao monte unha das parcelas solicitadas pola comunidade, por non constar o consentimento expreso dos actuais titulares catastrais. De acordo coa cartografía da memoria técnica, a superficie do monte de Ferreiras pasa a ser de 164,60 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Cha de Santa Marta (expediente 88/78), pertencente aos veciños da parroquia de San Antolín, concello de Sarria.

O 19.8.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de San Antolín para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 12.3.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (nº 2022_54), en que se recolle que a superficie do monte de Cha de Santa Marta pasa a ser de 25,48 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Coroa e Corno (expediente 22/79), pertencente aos veciños da parroquia de Vilaframil, concello de Ribadeo.

O 26.8.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Vilaframil para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 5.1.2024 foi presentada unha emenda da solicitude.

O 6.3.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (nº 2022_60), en que se recolle a definición do novo esbozo con indicación de que non se altera o perímetro na parte afectada por parcelas de titularidade catastral allea á comunidade de Vilaframil. A delimitación do monte nestes casos é máis propia do procedemento de deslindamento. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Coroa e Corno pasa a ser de 92,28 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Carqueixeda (expediente 73/75), pertencente aos veciños do lugar de Carqueixeda, na parroquia de Gundriz, concello de Samos.

O 27.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Carqueixeda para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 7.3.2024 presentaron unha emenda da solicitude.

O 8.3.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (nº 2022_163), en que se recolle que a superficie do monte de Carqueixeda pasa a ser de 123,81 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Asar (expediente 43/77), pertencente aos veciños do lugar de Asar, na parroquia de Rao, concello de Navia de Suarna.

O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Asar para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 19.1.2024 presentaron unha emenda da solicitude.

O 1.3.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (nº 2022_197), en que se recolle que a superficie do monte de Asar pasa a ser de 452,544 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Serra de Moncais, Serra da Parte e O Cornado (expediente 12/2000), pertencente aos veciños da parroquia da Parte, concello de Monforte de Lemos.

O 29.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade da Parte para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 23.4.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (nº 2022_247), en que se recolle que a superficie do monte de Serra de Moncais, Serra da Parte e O Cornado pasa a ser de 103,22 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Santalla (expediente 136/75), pertencente aos veciños do lugar de Santalla de Moutis, na parroquia de Barcela, concello de Negueira de Muñiz.

O 30.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Santalla de Moutis para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 8.2.2023 presentaron unha emenda da solicitude.

O 11.4.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (nº 2022_306), en que se recolle que a superficie do monte de Santalla pasa a ser de 514,96 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Amorín e Carqueixeiras (expediente 107/80), pertencente aos veciños do lugar de Baílle, na parroquia de Suegos, concello de Pol.

O 2.3.2023 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Baílle para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 12.4.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (nº 2023_10), en que se recolle que a superficie do monte de Amorín e Carqueixeiras pasa a ser de 72,68 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Gándara e Carballosa (expediente 12/77), pertencente aos veciños da parroquia de Donalbai, concello de Begonte.

O 1.6.2023 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Donalbai para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 11.4.2024 presentaron unha emenda da solicitude.

O 18.4.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (nº 2023_31), en que se recolle que a superficie do monte de Gándara e Carballosa pasa a ser de 100,4265 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Caborrecelle (expediente 15/75), pertencente aos veciños da parroquia de Caborrecelle, concello de Portomarín.

O 20.10.2023 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Caborrecelle para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 9.4.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (nº 2023_49), en que se recolle que a superficie do monte de Caborrecelle pasa a ser de 357,38 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Lor (marxe esquerda) (expediente 31/73), pertencente aos veciños dos lugares de Carballo de Lor, Margaride, Pacio, Paradela, Pozos, Riomaior, Sobrado, Trampilla e Xanelo, na parroquia de Quintá de Lor, concello de Quiroga.

O 29.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 12.5.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (nº 2022_249), en que se recolle que a superficie do monte de Lor (marxe esquerda) pasa a ser de 495,26 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Travesas (expediente 1/84), pertencente aos veciños do lugar de Travesas, na parroquia de Freixo, concello da Fonsagrada.

O 29.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Travesas para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 12.5.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (nº 2022_250), en que se recolle que a superficie do monte de Travesas pasa a ser de 45,52 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Conchada (expediente 111/75), pertencente aos veciños da parroquia de Quiroga, no concello de Quiroga.

O 23.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Quiroga para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 28.2.2024 presentaron unha emenda da solicitude.

O 10.5.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (nº 2022_108), en que se recolle que a superficie do monte de Conchada pasa a ser de 287,81 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Vilarnovo (expediente 9/81), pertencente aos veciños do lugar de Vilarnovo, na parroquia de Vilaquinte, concello de Cervantes.

O 26.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Vilarnovo para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal. A solicitude resulta complementada coa documentación achegada o 10.8.2023.

O 8.5.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (nº 2022_136), en que se recolle que a superficie do monte de Vilarnovo pasa a ser de 125,82 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Serra Pequena, Porto dos Lobos e Sª San Martiño Parte Sur (expediente 7/98), pertencente aos veciños da parroquia Chao de Fabeiro, concello de Monforte de Lemos.

O 30.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Chao de Fabeiro para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 8.5.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (nº 2022_300), en que se recolle que a superficie do monte Serra Pequena, Porto dos Lobos e Sª San Martiño Parte Sur pasa a ser de 38,18 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Trandeiras e Illoa (expediente 4/79), pertencente aos veciños da parroquia de Galegos, concello de Láncara.

O 22.3.2023 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Galegos para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 16.4.2024 foi presentada unha emenda da solicitude.

O 9.5.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (nº 2023_15), en que se recolle que a superficie do monte de Trandeiras e Illoa pasa a ser de 87,47 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Cha e Chao de Vilido (expediente 77/83), pertencente aos veciños da parroquia de Castrosante, concello da Pobra do Brollón.

O 19.5.2023 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Castrosante para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan.

O 30.4.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (nº 2023_26), en que se recolle que a superficie do monte de Cha e Chao de Vilido pasa a ser de 54,43 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Campos de Vila (expediente 27/73), pertencente aos veciños dos lugares de Campos de Vila, Lamela, Revide e Toca, na parroquia de Hospital, concello de Quiroga.

O 15.7.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 25.4.2024 foi presentada unha emenda da solicitude.

O 16.5.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (nº 2022_37), en que se recolle que a superficie do monte de Campos de Vila pasa a ser de 483,21 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Abradelo (expediente 99/76), pertencente aos veciños do lugar de Abradelo, na parroquia do Real, concello de Samos.

O 21.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Abradelo para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 17.5.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (nº 2022_94), en que se recolle que a superficie do monte de Abradelo pasa a ser de 355,13 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Serén (expediente 73/78), pertencente aos veciños da parroquia de Serén, concello de Friol.

O 23.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Serén para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 17.4.2024 foi presentada unha emenda da solicitude.

O 19.4.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (nº 2022_107), en que se recolle que a superficie do monte de Serén pasa a ser de 58,59 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Vilalvite (expediente 31/76), pertencente aos veciños da parroquia de Vilalvite, concello de Friol.

O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Vilalvite para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 23.4.2024 foi presentada unha emenda da solicitude. Así mesmo, o 7.5.2024 achegaron documentación adicional.

O 13.5.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (nº 2022_191), en que se recolle que a superficie do monte de Vilalvite pasa a ser de 235,54 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Buixidoira e Trapa (expediente 15/80), pertencente aos veciños do lugar de Pacios da Veiga, na parroquia de Ferreirúa, concello da Pobra do Brollón.

O 30.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Pacios da Veiga para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 9.5.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (nº 2022_279), en que se recolle que a superficie do monte de Buixidoira e Trapa pasa a ser de 161,45 hectáreas.

Esta revisión de esbozo ten en conta o deslindamento cos MVMC de Biduedo e Ferreirúa, recollido na memoria nº 2022_275.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Montán (expediente 68/75) pertencente aos veciños da parroquia de Montán, concello de Samos.

O 30.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Montán para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 2.4.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (nº 2022_297), en que se recolle que a superficie do monte de Montán pasa a ser de 138,57 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Trascastro (expediente 102/76), pertencente aos veciños do lugar de Trascastro, na parroquia de Lóuzara, concello de Samos.

O 30.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Trascastro para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 2.4.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (nº 2022_305), en que se recolle que a superficie do monte de Trascastro pasa a ser de 120,55 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Tenente e Xistral (expediente 83/78), pertencente aos veciños dos lugares de Porromeo, Restrebada, Forcós, Curro, Porto do Rego, Corredoira, Fonte, Zanfaño, Pico, Casavella, Licencia, Coruxos e Xurrosa, da parroquia de Viveirón, no concello de Muras.

O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude da antedita comunidade para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 20.5.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (nº 2022_199), en que se recolle que a superficie do monte Tenente e Xistral pasa a ser de 543,59 hectáreas.

Esta revisión ten en conta o procedemento de deslindamento nº 2022_286.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 11 de xuño de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo