DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 24 de xuño de 2024 Páx. 38709

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de maio de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Cambados (expediente DH.A36.99667).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Ramón Trigo Santórum.

Expediente: DH.A36.99667.

Volume total anual: 510,70 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 6,83 l/s.

Destino: rega.

Orixe: manancial na parcela 6279816NH1067N0001LO do catastro de Cambados.

Lugar: A Modia.

Parroquia: Vilariño.

Concello: Cambados.

Descrición:

A auga cáptase en arqueta de aros de formigón Ø 2 m, 3,50 m de profundidade e bombéase para rega das parcelas 6279816NH1067N0001LO e 6279815NH1067N0001PO, e das parcelas 58 e 59, polígono 8 do catastro de Cambados.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, núm. 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 23 de maio de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur