DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 24 de xuño de 2024 Páx. 38707

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de maio de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de modificación de concesión de augas no concello de Caldas de Reis (expediente DH.A36.40261).

En cumprimento do previsto no artigo 144.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte modificación de concesión de augas:

Solicitante: Ricardo Lorenzo Gándara, en representación da Comunidade de Usuarios As Rociñas.

Expediente: DH.A36.40261.

Volume total anual: 591,30 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,5 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: manancial na parcela 819, polígono 509.

Lugar: Carballal.

Parroquia: Saiar.

Concello: Caldas de Reis.

Descrición:

A modificación consiste no cambio do titular da concesión, que pasa a ser Comunidade de Usuarios As Rociñas, aumento de caudal concesional e vivendas abastecidas, que pasan dunha a tres, para o que se engaden dous depósitos inox 2500 l ao xa existente na caseta construída na parcela 819, polígono 509. Dos depósitos condúcese a auga ás vivendas abastecidas no lugar de Carballal.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, número 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 20 de maio de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur