DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 24 de xuño de 2024 Páx. 38705

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 18 de decembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Palas de Rei (expediente DH.A27.82309).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Gonzalo Pereiro Sande.

DNI: ***0641**.

Expediente: DH.A27.82309.

Volume total anual: 547,5 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,03 l/s.

Destino: doméstico.

Orixe: x= 588507, y= 4747819 (fuso 29 ETRS89).

Lugar: Ponte Campaña.

Parroquia: O Mato (San Xoán).

Concello: Palas de Rei.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de augas procedentes dun pozo situado na parcela coa referencia catastral 27040A006001290000UW mediante aros de formigón dun (1) metro de diámetro e cinco metros de profundidade. Desde a captación parte un tubo de PE de 32 mm de diámetro e 281 m de lonxitude, discorrendo por camiño público, ata a vivenda en que existe unha arqueta de derivación, en que se instalará o contador para a vivenda. Desde este punto o tubo continúa ata o muíño-vivenda turística, onde se localiza o depósito, sistema de potabilización e grupo de presión, desde onde se subministra a auga aos aloxamentos turísticos. Neste punto situarase o segundo contador.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, núm.16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), con cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro