DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 24 de xuño de 2024 Páx. 38703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 11 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0244/2024-PRE e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-CO-0244/2024 PRE e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Dirección Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 do Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 11 de xuño de 2024

Mª José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0244/2024-PRE

48912734Z

Inicio

R/ Maria Mercedes, 2, 4º A, 30140 Santomera (Murcia)

PSC-CO-0280/2024-PPM

32751869F

Inicio

Caforra, Santa Baia, 15151 Dumbría (A Coruña)

PSC-CO-0286/2024-PRE

52939064X

Inicio

R/ Castelao, 76, 15940 A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

PSC-CO-0290/2024-TRA

32717732W

Inicio

R/ Alta, 24, 15260 Mugardos (A Coruña)

PSC-CO-0309/2024-PPM

53682387L

Inicio

Cortijo del Bosque, 18126 Arenas del Rey (Granada)

PSC-CO-0392/2024-PPM

79328905L

Inicio

Lg de Capelán, 14, Piso 1 I, San Mamede, 15293 Carnota (A Coruña)