DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 24 de xuño de 2024 Páx. 38711

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 9 do Plan xeral de ordenación municipal, equipamentos e dotacións.

Aprobada inicialmente polo Concello, Pleno do 30 de maio de 2024, a modificación puntual número 9 do Plan xeral de ordenación municipal (en diante, PXOM), equipamentos e dotacións.

En cumprimento de tal acordo e das prescricións contidas no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous (2) meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, así como na sede electrónica deste concello www.carballino.gal

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións e suxestións que se consideren pertinentes.

A aprobación inicial leva a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por esta, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva da modificación puntual do número 9 do PXOM, equipamentos e dotacións.

O Carballiño, 31 de maio de 2024

Francisco José Fumega Piñeiro
Alcalde