DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 24 de xuño de 2024 Páx. 38712

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO da aprobación de cambio de uso de terreo destinado ao sistema xeral de espazos libres sito no lugar de Gatiande a equipamento cultural para a execución da obra do local social de Santa Baia.

O Pleno do Concello de Coristanco, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 1 de abril de 2024, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar o cambio de uso da porción do terreo definido como sistema local de espazos libres SLEL 02-01(Pb) (plano NR-02-01) do lugar de Gatiande pertencente ao sistema xeral de espazos libres para incorporalo ao sistema xeral de equipamento comunitario (uso cultural).

Segundo. Publicar o presente acordo no BOP e no DOG e remitilo á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Planeamento de Galicia.

Terceiro. Notificar este acordo á asistencia técnica municipal en materia de urbanismo, para o seu coñecemento».

Coristanco, 8 de abril de 2024

Alcalde
Juan Carlos García Pose