DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 24 de xuño de 2024 Páx. 38680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2024, da Dirección xeral de Urbanismo, pola que se fai pública a aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do Pino (A Coruña) para a execución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia número 724/2023 (procedemento ordinario 5352/2023).

En cumprimento do disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 144.18 e 199 do Decreto 143/2016, do 23 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento, faise pública a aprobación definitiva de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do Pino (A Coruña) para a execución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia número 724/2023 (procedemento ordinario 5352/2023) do Concello do Pino, mediante a Orde da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, do 4 de xuño de 2024, que figura como anexo.

Unha vez inscrita a dita modificación puntual no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia (en diante, ROTPUG), a súa documentación íntegra, incluído o extracto ambiental, poderá consultarse na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/rexistro-de-planeamento-urbanistico-de-galicia

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2024

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Urbanismo

ANEXO

Orde de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral
de ordenación municipal do Pino (A Coruña) para a execución da sentenza
do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia número 724/2023
(procedemento ordinario 5352/2003).

O Pleno do Concello do Pino aprobou a modificación arriba referida en sesión do 27 de marzo de 2024, na que acorda remitir certificación do acordo á consellería competente en materia de urbanismo para os efectos da tramitación administrativa oportuna.

Analizada a documentación achegada polo Concello, e vista a proposta literal subscrita pola Dirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

O 27 de marzo de 2024 tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, procedente dese concello, a seguinte documentación:

– Oficio do alcalde, no que se sinala que a remisión é para os efectos de que a Dirección Xeral de Urbanismo proceda a realizar a tramitación administrativa que corresponde, así como a súa publicación e inscrición no ROTPUG.

– Certificado do acordo plenario, que reproduce o fallo da sentenza e o texto da alegación número 88 ao plan xeral e inclúe dous planos.

– Planos para o cumprimento da sentenza, subscritos polo arquitecto técnico Plácido D. Vidal Allo, que se corresponden cos incluídos no certificado do acordo.

– Copia simple da Sentenza número 724/2007 do 27/09/2007, ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no seo do procedemento ordinario 5352/2003.

II. Obxecto e descrición do proxecto.

O Pleno do Concello do Pino, o 27 de marzo de 2024,

ACORDA:

Primeiro. Aprobar a modificación do Plan xeral de ordenación municipal do Concello do Pino en execución da sentencia 724/2023 PO5352/2003 TSJ Galicia: «Estimamos en parte o recurso contencioso-administrativo interposto por Socorro Budiño Bao contra o Acordo do 30 de xuño de 2003 do Concello do Pino polo que se aproba definitivamente o Plan xeral de ordenación municipal, que anulamos en canto clasifica o predio da actora como solo rústico apto para urbanizar, e declaramos que debe selo como solo urbano consolidado na extensión en que o foi ao ser acollida polo Concello a alegación número 88.

Segundo. Remitir certificación dese acordo á consellería competente en materia de Urbanismo para os efectos da tramitación administrativa oportuna.

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva do planeamento xeral corresponde á conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, de conformidade co disposto nos artigos 60, 61.1, 83.5 da Lei do solo de Galicia, e nos artigos 146.1 e 200.5 do Regulamento da Lei do solo de Galicia, en relación co Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e cos artigos 1 e 4 do Decreto 142/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

III. Orde.

Á vista do anterior, apróbase definitivamente a modificación do Plan xeral de ordenación municipal do Concello do Pino (A Coruña) para a execución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia número 724/2023 (procedemento ordinario 5352/2003).

De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio a modificación puntual no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

De conformidade co disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Concello deberá publicar no BOP a normativa e as ordenanzas da modificación aprobada definitivamente, unha vez inscrita no Rexistro de Planeamento Urbanístico.

Notifíquese esta orde ao Concello.

Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.