Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio notifícaselle á persoa sinalada no cadro anexo a resolución desta dirección territorial, do 9 de maio de 2024, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A. e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada novo tramo de LMT, CT Rural e RBT de Montefaro, no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2022/398-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 12 de xuño de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
LMT, CT rural e RBT Montefaro
Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Valdoviño
Parcela |
Propietario |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios) |
Natureza do terreo |
|
CT/Núm. do apoio |
Superficie (m2) |
|||||
1 |
Descoñecido |
15088A50200958 Polígono 502, parcela 958 |
Amedo |
CT |
14,96 |
Labor |