DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 24 de xuño de 2024 Páx. 38655

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourol (expediente IN407A 2023/237-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

– Peticionaria: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

– Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.

– Denominación: cambio de localización do CT Carballeira.

– Situación: concello de Ourol.

– Características técnicas principais:

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Centrais, derivación ao CT 7152 Carballeira, con orixe no PAS instalado no apoio existente A55443 e final no CT 7152 Carballeira proxectado, cunha lonxitude de 30 metros en condutor HEPRZ1-150mm.

• Centro de transformación prefabricado baixo poste Carballeira, cunha potencia máxima admisible de 250 kVA e cunha potencia inicial de 75 kVA (recuperado), relación de transformación 20.000/400-230V.

• Desmontaxe do CT 7247 Carballeira en caseta de obra civil e de 5 metros de condutor RHZ-95.

– Finalidade da instalación: mellora das instalacións.

– Orzamento: 40.973,48 euros.

– Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Ourol.

• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.

Esta dirección territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. A peticionariA asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 12 de xuño de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo