DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 24 de xuño de 2024 Páx. 38658

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2023/222-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

– Peticionaria: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

– Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.

– Denominación: normalización CT 6634 Telef. Quiroga 2.

– Situación: concello de Lugo.

– Características técnicas principais:

• Liña soterrada de alta tensión a 20kV, tramo 1, con orixe no CT 14973 Pl. Abastos_1 e final no CS 6634 Telef. Quiroga_2, cunha lonxitude de 35,5 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20kV, tramo 2, con orixe no CS 6634 Telef. Quiroga_2 e final no CT 3206 Pl. Abastos_2, cunha lonxitude de 70 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Reforma e automatización do CS 6634 Telef. Quiroga_2, consistente na desmontaxe do transformador existente (en desuso), das tres celas de liña, da cela de protección e do cadro de baixa tensión e instalación de dúas celas de liña e unha de interruptor automático telemandadas.

– Finalidade da instalación: mellora das instalacións.

– Orzamento: 43.473,06 euros.

– Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Lugo.

• Separata para a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Esta dirección territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para a autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 12 de xuño de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo