DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 21 de xuño de 2024 Páx. 38144

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2024 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG414A).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do día 27 de maio de 2024, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar as bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial, e facultou a directora xeral para a súa convocatoria, a aprobación dos créditos e a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial e convocar para o ano 2024 as axudas en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG414A).

Segundo. O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e será dun mes contado desde as 8.00 +horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o devandito prazo dun mes. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicio do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.

Terceiro. Os créditos dispoñibles para as concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo ás seguintes partidas orzamentarias e coa seguinte distribución plurianual:

Orzamento inicial 11 meses 

Ano

Dotación partida

Dotación partida

(Seg. Social por conta da empresa)

Partida 09.A1 741A 4840

Total

09.A1 741A 4803

09.A1 741A 7800

2024

351.311,40

50.000,00

-

401.311,40

2025

1.132.226,60

-

36.594,00

1.168.820,60

 

1.483.538,00

50.000,00

36.594,00

1.570.132,00

Orzamento prórroga 11 meses

 

 

 

Ano

Dotación partida

Dotación partida

(Seg. Social por conta da empresa)

Partida 09.A1 741A 4840

Total

09.A1 741A 4803

09.A1 741A 7800

2025

351.311,40

-

-

351.311,40

2026

1.082.226,60

-

36.594,00

1.118.820,60

 

1.433.538,00

36.594,00

1.470.132,00

A directora xeral do Igape poderá ampliar os créditos, logo de declaración da súa dispoñibilidade, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009), mediante resolución publicada para o efecto.

Cuarto. Prazos de duración do procedemento, de execución da bolsa e para solicitar o cobramento.

O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será de 5 meses contados desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, transcorrido o cal se poderá entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da axuda.

O prazo de execución das bolsas rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 30 de decembro de 2026.

O bolseiro/a deberá solicitar o pagamento da bolsa nos quince días hábiles seguintes ao cumprimento de cada período de pagamento indicado nos artigos 18.1 e 18.2, excepto o pagamento do anticipo do primeiro ano, que se fará de xeito automático coa resolución de concesión da bolsa.

Quinto. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións non requirirá o consentimento da persoa beneficiaria.

Sexto. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2024

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial

O Igape, en liña coas funcións que ten encomendadas como instrumento básico de actuación da Xunta de Galicia para impulsar o desenvolvemento competitivo do sistema produtivo galego, está levando a cabo unha serie de accións no ámbito exterior desde o apoio á formación de capital humano especialista no eido internacional, o apoio ás empresas galegas no seu proceso de expansión exterior e a captación de investimentos estranxeiros cara a Galicia.

Na actual situación económica, as pemes galegas necesitan incorporar profesionais cualificados. Os programas de adquisición de competencias profesionais achegan coñecemento ás organizacións en que se integran os profesionais e melloran a súa empregabilidade. Ademais, este programa é complementario coa liña IG166 de xestores de internacionalización, de xeito que bolseiros do programa poden devir en futuros xestores achegando os seus coñecementos e a experiencia internacional ás pemes galegas.

Un dos eixes da estratexia do Igape de internacionalización da empresa galega 2021-2025 é promover unha cultura de internacionalización e lograr un significativo aumento na cantidade, calidade e no impacto efectivo das exportacións da empresa galega. É fundamental a formación de capital humano en internacionalización para proporcionarlle ao tecido empresarial recursos altamente especializados –con coñecemento dos mercados exteriores e de aspectos clave do comercio exterior– e impulsar a súa contratación como apoio aos directivos e mandos intermedios de empresas en proceso de expansión internacional.

Dentro da súa actividade de fomento da competitividade e da internacionalización, o Igape xera en moitas ocasións oportunidades en que persoas que non tiveron aínda as posibilidades de obter competencias profesionais poidan participar en traballos especializados mediante formación teórico-práctica. Como consecuencia, os participantes teñen ocasión de realizar actividades de difícil acceso no mercado laboral actual.

Coa finalidade de acadar os obxectivos anteriores porase en marcha un programa de formación, titorización e prácticas laborais para a adquisición de competencias en materia de internacionalización empresarial.

O obxectivo destas bases é formar especialistas no ámbito da internacionalización empresarial mediante bolsas de formación práctica en internacionalización que se poderán levar a cabo no estranxeiro e/ou en Galicia, en entidades e/ou organismos oficiais relacionados coa internacionalización empresarial, tales como as oficinas do Igape ou da Xunta, oficinas comerciais de España no exterior, cámaras de comercio, organismos multilaterais, organismos intermedios galegos, axencias de promoción económica, centros de investigación, empresas e/ou outros organismos en Galicia ou no estranxeiro.

A través deste programa téñense formado case 400 especialistas en comercio exterior, sendo profesionais moi valorados polas empresas e xerando, polo tanto, unha boa empregabilidade.

A convocatoria destas prazas será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante a resolución da Dirección Xeral do Igape. A convocatoria incluirá o procedemento de tramitación, o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados.

O procedemento de concesión destas prazas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007.

Artigo 1. Obxecto

O obxecto destas bases é a convocatoria de 50 prazas para a capacitación de profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación práctica, coa finalidade de mellorar a empregabilidade e poñer á disposición das empresas galegas profesionais que as axuden a mellorar a súa competitividade.

Artigo 2. Procedemento e réxime de aplicación

1. O procedemento de concesión destas prazas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

2. Non se poderán outorgar bolsas por contía superior á que se determine nesta convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007.

Artigo 3. Natureza e incompatibilidade da bolsa

1. O programa reúne os requisitos previstos no artigo 1 do Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, polo que a dita norma resulta de aplicación.

2. A concesión ou o desfrute destas bolsas non implica ningunha vinculación laboral entre a persoa beneficiaria e o Igape, nin supón ningún compromiso ou dereito de incorporación ao seu cadro de persoal; o bolseiro/a en ningún caso posuirá a representación do Igape.

3. As bolsas outorgadas son incompatibles con calquera outra bolsa ou axuda de similares características, así como con calquera relación laboral ou de prestación de servizos remunerada do bolseiro/a. Así mesmo, son incompatibles coa percepción de prestación ou subsidio por desemprego.

4. A obtención doutras axudas recibidas para a realización do proxecto obxecto da bolsa deberá comunicarse ao Igape tan axiña como se coñeza. En todo caso, antes de conceder a bolsa, solicitarase da persoa solicitante unha declaración escrita ou en soporte electrónico sobre outras axudas recibidas para a realización do proxecto obxecto da bolsa. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da bolsa e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 4. Requisitos das persoas solicitantes

1. Ter menos de 35 anos na data de presentación da solicitude.

2. Ser nacidas en Galicia e estar nacionalizadas nun Estado membro da Unión Europea, ou estar empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia cun ano de antigüidade á data de publicación destas bases.

3. Estar en posesión dalgunha titulación universitaria superior de grao e que permita o acceso aos estudos oficiais de máster universitario de acordo co establecido no Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización do ensino universitario e o procedemento de aseguramento da súa calidade:

i. Título universitario oficial de graduada ou graduado español;

ii. Títulos procedentes de sistemas educativos que non formen parte do EEES, que equivallan ao título de grao.

Así mesmo, é imprescindible acreditar un mínimo de 240 ECTS en todos os casos. A titulación pódese obter e acreditar ata cinco (5) días despois da publicación da resolución de concesión, a non presentación suporá a imposibilidade de ser persoa beneficiaria da bolsa.

Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros privados españois deberán estar homologados polo Ministerio de Educación español antes de que finalice o prazo de presentación de solicitudes. Polo que se refire aos títulos de máster, non se require que estean homologados.

4. Coñecementos de inglés (falado e escrito).

Deberá acreditarse o nivel mínimo de idioma inglés B1. Esta capacidade acreditarase mediante unha das dúas opcións seguintes:

a) A realización dun exame en que os aspirantes deberán demostrar como mínimo un nivel B1 do Marco común europeo de referencia para as linguas.

b) Achegar algún dos certificados de idioma inglés relacionados no anexo III destas bases, sempre que este teña menos de tres anos de antigüidade na data de fin do prazo de presentación de solicitudes.

5. Cumprir os requisitos do artigo 10 da Lei 9/2007 para ser considerada persoa beneficiaria de subvencións.

6. Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa do Igape relacionada coa internacionalización empresarial. Quedarán tamén excluídos da convocatoria aqueles solicitantes que fosen adxudicatarios deste tipo de bolsas en edicións anteriores e que renunciaran a elas con posterioridade ou lles fora determinado un incumprimento total.

7. Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma. O cumprimento deste requisito acreditarase cubrindo no formulario electrónico a declaración responsable da persoa solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma, de acordo co establecido no artigo 11.h) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

8. Achegar declaración responsable de data posterior á publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia onde conste que a persoa solicitante non padece enfermidade nin limitación física ou psíquica incompatible coa realización das actividades que constitúen o obxecto da bolsa.

9. Non ter antecedentes penais, nin estar incurso en causa penal con medidas cautelares que puidesen impedir o desenvolvemento normal da bolsa, mentres se emite sentenza firme, do cal se deberá informar ao Igape. De non ser absolutoria, producirá a perda da bolsa e a devolución dos importes percibidos, de ser o caso. A declaración deberase cubrir no formulario electrónico de solicitude.

Artigo 5. Condicións da bolsa

1. Duración.

A duración da bolsa establécese nun máximo de once meses contados desde xaneiro a decembro de 2025, prorrogables, se é o caso, por petición da persoa bolseira, por un máximo de 11 meses adicionais e sen exceder nunca o 30 de decembro de 2026, en función da necesidade de finalizar ou completar unha parte da formación que xa tivese comezado ou estivese a piques de comezar.

Condicións da prórroga:

– Informe favorable do titor da persoa bolseira.

– Dispoñibilidade de destino.

– Dispoñibilidade orzamentaria.

En caso de prórroga, a dotación adaptarase proporcionalmente segundo a súa duración e o destino asignado.

2. Destino.

O Igape realiza convenios con entidades e/ou organismos oficiais relacionados coa internacionalización empresarial en destinos do ámbito de Galicia e no ámbito internacional. Os destinos poderán ser, polo tanto, en Galicia ou no estranxeiro, sempre en entidades que teñan unha compoñente esencial de traballo na internacionalización empresarial.

A asignación de destinos será realizada polo Igape atendendo ás características dos aspirantes e ás particularidades das entidades de acollida.

Algúns destinos poden presentar requisitos específicos e restritivos sobre as características das persoas bolseiras que aceptan, requisitos xeralmente imprescindibles e marcados pola entidade de acollida. Estes requisitos e características serán tidos en conta á hora da asignación dos bolseiros ao destino.

Son requisitos específicos, entre outros posibles, que poden condicionar a asignación de destinos os seguintes:

• Oficinas comerciais de España no exterior:

• Ter nacido non antes do 1 de febreiro de 1996.

• Posuír un nivel de idioma inglés non inferior ao B2.

• Un determinado nivel doutros idiomas nalgúns países.

Outros idiomas:

Opcionalmente, os candidatos, ademais de examinarse de inglés, poderán indicar na solicitude ata tres idiomas adicionais dos que queiran examinarse. Os idiomas adicionais dispoñibles son: chinés, alemán e francés. O exame non será necesario se se pode acreditar o nivel de idioma achegando o certificado do idioma correspondente segundo o cadro de equivalencias incluído no anexo III, sempre e cando o dito certificado teña menos de tres anos de antigüidade na data de fin de prazo de presentación de solicitudes.

O Igape reserva para si a posibilidade de cambiar as datas de incorporación, os destinos dos bolseiros e a dotación correspondente, no caso de concorrer causa xustificada.

3. Desenvolvemento da bolsa.

A persoa bolseira deberá aterse aos horarios e á normativa interna de funcionamento das entidades de acollida. No caso de peche das entidades en períodos vacacionais (non festivos), a persoa bolseira debe informar o Igape para que lle asigne tarefas alternativas que contribúan á súa formación.

A persoa bolseira poderá dispoñer dos seguintes tipos de permiso:

a) No caso de maternidade ou paternidade, o bolseiro/a gozará do correspondente permiso retribuído pola Seguridade Social. Acreditarase mediante copia da partida de nacemento ou da páxina correspondente do libro de familia.

b) Licenza por matrimonio ou parella en análoga relación de afectividade, o bolseiro/a deberá comunicalo ao Igape coa maior brevidade posible e presentar o correspondente xustificante.

c) No caso de enfermidade ou accidente, o bolseiro/a deberá comunicalo ao Igape coa maior brevidade posible e presentar o correspondente xustificante médico.

No caso de que a suma de interrupcións da formación por enfermidade e/ou outros motivos supere os 20 días hábiles, o Igape reserva para si o dereito de rescindir a bolsa, temporal ou definitivamente, ou cambiar o destino se con iso se facilita a reinserción do bolseiro/a á súa formación.

d) Como norma xeral e sempre e cando a entidade de acollida non teña establecido un período distinto, a persoa bolseira poderá gozar dun período de 15 días de libre disposición por cada período de 11 meses de bolsa concedida ou a súa parte proporcional, sen necesidade de xustificación e logo de notificación ao Igape.

A saída, por calquera motivo, do país de destino da bolsa deberá ser informada previamente ao Igape con polo menos 10 días de antelación.

e) Por cambio de destino, o bolseiro/a poderá gozar de ata 5 días hábiles, no caso de cambio para un país diferente, ou ata 3 días, se se trata do mesmo país, pero cambia de entidade de acollida.

O desfrute de calquera dos permisos incluídos neste artigo non suporá unha ampliación do período de duración da bolsa indicado na resolución de concesión.

4. Programa de formación.

A formación que recibirán as persoas bolseiras abrangue:

a) Análise e investigación de mercados, estudo de sectores económicos de mercados estranxeiros.

b) Análise dos puntos fortes, debilidades, ameazas e oportunidades dos diferentes sectores estratéxicos de Galicia en relación coa súa internacionalización.

c) Estudo das distintas formas de introdución nos mercados estranxeiros e estratexias de internacionalización empresarial.

d) Para completar a dita formación, o bolseiro/a contará co apoio do seu titor no organismo de destino e dunha persoa no Igape, a quen lles poderá dirixir as súas dúbidas e preguntas.

e) A formación poderá implicar visitas a empresas ou organismos que serán realizadas polas persoas bolseiras a través dos seus propios medios (con reintegro dos gastos de desprazamento segundo o indicado no artigo 6.2).

f) O Igape poderá organizar cursos de formación, presencial ou en liña. A asistencia aos cursos é obrigatoria para o desfrute e a aceptación da bolsa, incluso por parte daquelas persoas bolseiras que estivesen nun posto de reserva.

Artigo 6. Contía da bolsa

1. Para a dotación (tanto para a dotación inicial como para a prórroga) teranse en consideración os índices do custo de vida das distintas cidades de destino das bolsas, segundo os criterios establecidos pola entidade pública empresarial ICEX España Exportación e Inversiones (ICEX), dependente do Ministerio de Industria e Turismo. Na fase inicial ou no período de prórroga poderá modificarse a dotación da bolsa por flutuacións do tipo de cambio que xustifiquen esta modificación e sempre que exista dispoñibilidade orzamentaria. A actualización farase a partir do mes seguinte ao da solicitude por parte da persoa beneficiaria, e tomaranse como tipos de cambio de referencia o do día da publicación das bases e o día de solicitude de modificación da dotación. Esta actualización no tipo de cambio farase, como máximo, cuadrimestralmente.

2. O importe máximo de dotación por persoa bolseira é de 52.500 € por un período de 11 meses ou a súa parte proporcional en función do período da bolsa. As dotacións variarán segundo o destino e o número de meses de estancia en Galicia e no estranxeiro. Desta subvención detraerase a correspondente retención fiscal e a cota por cotización á Seguridade Social aplicables segundo a lexislación vixente.

Considéranse incluídos dentro do importe da dotación da bolsa –e dentro do límite máximo dos 52.500 euros- todos os gastos en que teña que incorrer a persoa bolseira para o seu desenvolvemento.

O Igape poderá aplicar a compensación entre as partidas de gastos das alíneas a), b), c) e d) seguintes cando as necesidades de gasto de cada bolseiro/a en relación coas accións que vai desenvolver no programa así o aconsellen para o correcto desenvolvemento deste:

a) Gastos de viaxe por mor da incorporación ao destino.

1. Desprazamento: só gastos en transporte público. Gastos de ida e volta. Non se compensarán gastos de volta cando se produza unha renuncia antes de se cumpriren os 6 meses de incorporación ao destino. Os gastos para compensar en caso de renuncia entre os 6 meses e o fin real da bolsa serán rateados proporcionalmente aos meses desfrutados. Non serán subvencionables os envíos de maletas ou paquetes a maiores dos incluídos no transporte contratado.

2. Aloxamento. Gastos de hotel en tránsito ou á chegada ao destino asignado ata un máximo de 2 noites, en réxime de aloxamento e almorzo.

3. Gastos de taxas de visado.

4. Gastos de renovación de pasaporte por exixencias particulares do destino.

Estes gastos a) terán unha limitación máxima de 1.500 € na incorporación a destino dentro do mesmo continente e de 3.000 € no caso de incorporarse a un destino en continente distinto ao de orixe.

b) Outros gastos comúns no desenvolvemento da bolsa, sempre que sexan previamente autorizados polo Igape:

1. Gastos de desprazamento por asistencia a eventos ou visitas a empresas, só serán admisibles gastos de desprazamento en transporte público, excepto en Galicia onde se admitirá a compensación por quilometraxe de vehículo propio, autopista e aparcadoiro. Neste caso o quilómetro compensarase a 0,26 €.

2. Gastos de aloxamento por asistencia a eventos ou visitas a empresas.

3. Gastos de dietas vinculados á asistencia a un evento ou acción autorizados co límite establecido no anexo IV por cada país e día.

4. Gastos de cursos de idiomas de uso oficial no país de destino e excluído o idioma inglés.

5. Gastos de tarxetas de negocio.

6. Outros, que se consideren esenciais para o desenvolvemento da bolsa.

Estes gastos b) terán un límite de 2.000 € para o primeiro semestre da bolsa, límite que poderá ser revisado para efectos de novas dotacións semestrais segundo a execución do semestre anterior e logo da solicitude motivada (anexo II) ata 1.000 €.

c) Gastos de seguro de accidentes e enfermidades no caso de bolsas con destinos no estranxeiro e cun límite de ata 1.000 €.

d) Gastos de compra dun ordenador portátil, así como rato e auriculares, segundo as condicións establecidas no artigo 16.i), cun límite de 1.000 €. En caso de renuncia antes de 6 meses desde o inicio da bolsa, o Igape reclamará na liquidación por renuncia o 100 % da súa achega ao custo do portátil e a parte proporcional no caso de renuncia desde os 6 meses ata cumprir un ano da bolsa.

Todos estes gastos deberán estar expresamente autorizados e serán compensados contra presentación dos correspondentes xustificantes de gasto (facturas, billetes e/ou tarxetas de embarque, etc.).

Unha vez incorporados aos destinos indicados na resolución, no caso de cambio de destino –mediante nova resolución que implique máis dunha viaxe de ida e retorno previstos na dotación da bolsa, no período inicial ou no período de prórroga– o Igape aboará á persoa bolseira os gastos de desprazamento mediante avión, tren ou autobús e gastos de hotel. Estes importes –ao ser circunstancias excepcionais– non están incluídos dentro do límite máximo da bolsa.

Só se admitirán pagamentos en efectivo para gastos de importe inferior a 300 euros, xustificando o pagamento mediante recibín do provedor.

A xustificación e pagamento por parte do Igape realizarase sempre en euros, para aqueles gastos efectuados en moeda estranxeira deberá aplicarse o tipo de cambio correspondente publicado no Boletín Oficial del Estado de data na que se presente a xustificación, ou data inmediata anterior. En caso de que a moeda estranxeira non sexa admitida a cambio oficial publicado no Boletín Oficial del Estado, poderá utilizarse un conversor de moeda estranxeira xeral da internet. Na xustificación correspondente deberá indicarse o conversor utilizado, así como achegar proba da data de consulta.

Artigo 7. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. Para presentar a solicitude, as persoas interesadas deberán cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual. Deberá cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.

2. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, e concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días hábiles para a súa emenda, transcorrido o cal teráselles por desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivamento.

Considérase que todos os solicitantes dispoñen de ferramentas informáticas cun coñecemento básico do seu funcionamento polo que queda acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade aos medios electrónicos necesarios.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que se realizou a emenda.

3. Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación:

http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC

Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferido este ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación electrónica, un recibo no que quedará constancia do feito da presentación.

Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico no que desexan recibir o xustificante.

Artigo 8. Documentación complementaria

As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación (no caso de que estea redactada nunha lingua non oficial en Galicia, deberase presentar acompañada de tradución realizada por intérprete xurado):

1. Acreditación dos requisitos mínimos segundo o expresado no artigo 4 destas bases.

a) Curriculum vitae.

b) Copia do pasaporte no caso de que o solicitante sexa estranxeiro e non teña o número de identificación de estranxeiría (NIE).

c) Xustificante de ter pagadas as taxas para a obtención do título de estudos universitarios acadado segundo o expresado no artigo 4.3, en defecto do título. A titulación pódese obter e acreditar ata 5 días despois da publicación da resolución de concesión, a non presentación suporá a imposibilidade de ser persoa beneficiaria da bolsa.

No caso de títulos expedidos por centros estranxeiros ou privados será preciso que os acrediten cunha copia da homologación concedida polo Ministerio de Educación español (isto non se require para os títulos de máster).

d) Se for o caso, certificado sobre o nivel do idioma inglés.

e) Declaración responsable de data posterior á publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia onde conste que a persoa solicitante non padece enfermidade nin limitación física ou psíquica incompatible coa realización das actividades que constitúen o obxecto da bolsa.

2. Acreditación doutros requisitos baremables segundo o expresado no artigo 12.2 destas bases:

a) Acreditación, se é o caso, da formación específica de posgrao en comercio exterior segundo o expresado no artigo 12.2.f): copia do certificado de realización dun curso completo no que conste o número de horas ou créditos do curso. O curso deberá estar finalizado antes da data de presentación da solicitude, agás os másters citados no artigo 12.2.f) que poderán estar finalizados ata o 30 de xullo de 2024 e deberán estar incluídos na solicitude no prazo de 7 días contado desde esa data.

b) Acreditación, en su caso, doutra formación de posgrao segundo o expresado no artigo 12.2.g): copia do certificado de realización dun curso completo no que conste o número de horas ou créditos do curso. O curso deberá estar finalizado antes da data de presentación da solicitude.

c) Se for o caso, certificados relativos ao nivel de idiomas segundo o estipulado no artigo 5.2.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos u outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, excepto que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, se considerará como data de presentación aquela na que se realizou a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas excepto que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Consulta de datos de residencia con data de última variación.

d) Consulta de títulos universitarios oficiais, segundo o expresado no artigo 4.3.

e) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

f) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán realizarse electronicamente accedendo a través do enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Artigo 11. Órganos competentes

O órgano competente para a instrución do procedemento de concesión das prazas será a Área de Internacionalización do Igape e a competencia para ditar a resolución, que poña fin ao procedemento na vía administrativa, correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

As solicitudes serán avaliadas por un comité de selección, que estará presidido polo subdirector de Internacionalización (ou o seu suplente, en caso de necesidade) e integrado por outros dous membros de entre o persoal técnico do Igape (ou os seus suplentes, en caso de necesidade), designados polo presidente do Comité de Selección, actuando un deles como secretario.

Artigo 12. Instrución dos procedementos

1. Todas as persoas aspirantes que presentasen a súa solicitude dentro do prazo establecido na resolución da convocatoria, serán convocadas a probas eliminatorias de inglés e dos idiomas adicionais indicados na solicitude (chinés, alemán e/ou francés), agás que acheguen certificado de idiomas segundo o anexo III, con menos de tres anos de antigüidade na data de fin de prazo de presentación de solicitudes.

Todas as persoas candidatas deberán superar ou certificar polo menos un nivel B1 de inglés, así como un nivel superior do idioma inglés ou adicionais, de ser o caso, para ser elixibles para a incorporación a aqueles destinos que poidan exixir características máis restritivas como os nomeados no artigo 5.2.

Os aspirantes que non comparezan ou non acaden a cualificación de apto B1 na proba de inglés ou non acheguen certificado do idioma inglés cun nivel B1 segundo o anexo III, quedarán excluídos do proceso de selección.

As probas de idiomas constarán dunha parte escrita e outra oral, nas datas, nos horarios e lugares de realización que se comunicarán no taboleiro de anuncios e na páxina web do Igape, cun mínimo de cinco días de antelación e poderán celebrarse en calquera data a partir do día seguinte á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. As probas de idiomas terán lugar en Santiago de Compostela, correndo por conta da persoa solicitante, se é o caso, os gastos de desprazamento, estadía e manutención.

2. O Comité de Selección realizará unha lista provisional de candidatos segundo a puntuación obtida conforme o seguinte baremo:

a) Proba de inglés ou certificado válido (nivel C1: 5 puntos, nivel C2: 10 puntos).

b) Resultado da proba ou certificado válido de idioma adicional 1 (nivel B2: 6 puntos; nivel C1: 8 puntos; nivel C2: 10 puntos).

c) Resultado da proba ou certificado válido de idioma adicional 2 (nivel B2: 6 puntos; nivel C1: 8 puntos; nivel C2: 10 puntos).

d) Resultado da proba ou certificado válido de idioma adicional 3 (nivel B2: 6 puntos; nivel C1: 8 puntos; nivel C2: 10 puntos).

e) Outorgaranse 20 puntos aos graduados en calquera das seguintes ramas de coñecemento: administración e dirección de empresas, ciencias do transporte e loxística, ciencias económicas e empresariais, ciencias empresariais, ciencias políticas, comercio, comercio exterior, dereito, dirección e creación de empresa, dirección de empresas-BBA, dirección financeira e contabilidade, economía, enxeñaría, estatística e empresa, márketing e dirección comercial, márketing e investigación de mercados, relacións internacionais, matemáticas, física, química.

f) Formación específica de posgrao en comercio exterior (máximo 20 puntos neste punto. Obterá 5 puntos por curso completo de 140 a 299 horas (entre 14 e 29,9 créditos); 10 puntos por curso completo de 300 horas ou máis (30 ou máis créditos); 20 puntos por máster en comercio internacional, MBA, máster en márketing, márketing dixital, márketing en liña ou similar.

Polo que se refire a esta formación pode exixirse por parte de Igape información adicional para a súa acreditación (información da entidade que impartiu a formación, temario do curso, formadores...).

g) Outra formación de posgrao relacionada coa xestión empresarial (máximo 15 puntos neste punto). Obterá 2 puntos por curso completo de 140 a 299 horas (entre 14 e 29,9 créditos); 4 puntos por curso completo de 300 horas ou máis (30 ou máis créditos); 10 puntos por máster. Polo que se refire a esta formación pode exixirse por parte de Igape información adicional para a súa acreditación (información da entidade que impartiu a formación, temario do curso, formadores...).

Para os cursos de formación incluídos nos puntos f) e g), a puntuación máxima para cursos realizados en liña, independentemente do número de cursos realizados, será de 10 puntos.

h) Entrevista persoal realizada por persoal da Área de Internacionalización do Igape, a puntuación máxima será de 5 puntos.

A entrevista poderá realizarse en calquera dos idiomas que o aspirante indicase que fala e coñece, e versará sobre temas de comercio internacional, economía en xeral, coñecementos xerais sobre mercados e países e poderá incluír tamén cuestións sobre o perfil e currículo da persoa solicitante. A entrevista estará encamiñada a valorar a capacidade e aptitude da persoa candidata, así como as características e idoneidade de destino. Soamente accederán á entrevista aquelas persoas candidatas que cumpran cos requisitos mínimos exixidos no artigo 4. A entrevista poderá desenvolverse de xeito en línea ou presencial e a non presentación á mesma suporá a exclusión do proceso de selección, salvo causa de forza maior.

No caso de alegacións á lista provisional que publique o Igape que supoñan que a persoa solicitante en cuestión modifique a súa condición de non apto a apto o Igape proporá unha data para realizar a entrevista á devandita persoa solicitante.

A suma total das puntuacións será como máximo de 100 puntos.

3. A lista provisional de candidatos admitidos coa súa correspondente asignación de destinos e dotacións das bolsas publicarase na páxina web do Igape https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, e abrirase un prazo de cinco días hábiles para que os interesados poidan presentar alegacións e para presentar a documentación acreditativa das circunstancias alegadas nas solicitudes que faltase.

4. Unha vez analizadas as alegacións o órgano instrutor publicará na súa páxina web https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual a listaxe de candidatos admitidos coa súa correspondente asignación de destinos e dotacións das bolsas e elevará a proposta de resolución á directora xeral do Igape, quen resolverá por delegación do Consello de Dirección do Igape.

En caso de empate terase en conta o número de expediente, que se outorgará segundo a data de presentación da solicitude.

Artigo 13. Resolución

1. A resolución definitiva da convocatoria do programa comprenderá o detalle do baremo aplicado para a avaliación das solicitudes, o número de bolsas adxudicadas con indicación da data de comezo da bolsa, o destino e a súa contía económica.

Tamén incluirá a lista de solicitudes denegadas, indicando a súa causa de exclusión, e de solicitudes arquivadas.

Así mesmo, comprenderá unha lista dun máximo de 50 candidatos en posto de reserva (os 50 seguintes por orde de puntuación). Esta lista de reservas servirá para cubrir posibles renuncias, incidencias, incumprimentos ou bolsas adicionais debido a remanentes orzamentarios. Non poderán concederse bolsas da lista de reservas por un tempo inferior a seis meses tendo en conta o período inicial e o período de prórroga.

2. A resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, ao cal se remitirá desde o texto publicado no Diario Oficial de Galicia, de acordo co artigo 45 da Lei 39/2015.

3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o establecido na resolución da convocatoria, transcorrido o cal poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da axuda.

4. As notificacións das resolucións e actos administrativos do procedemento que non sexan obxecto de publicación practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. As persoas solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape no enlace tramitación electrónica para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor, e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificante de recepción electrónico).

Artigo 14. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, recurso previo de reposición, que resolverá a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

Artigo 15. Modificación da resolución

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, observarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009. Admitiranse modificacións da resolución inicial dentro dos límites xerais establecidos nestas bases relativas a calquera alteración das condicións que se tiveron en conta para a concesión da bolsa, sempre e cando estes cambios non alteren o baremo ou desvirtúen o proxecto.

2. A persoa beneficiaria deberá comunicar ao Igape a modificación das condicións establecidas na resolución. Para solicitar a modificación, deberá cubrir previamente o formulario electrónico sinalado no artigo 7 das bases e presentar a instancia de modificación xerada pola aplicación dirixida á Dirección Xeral do Igape. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado, por delegación do Consello de Dirección do Igape, pola persoa titular da Dirección Xeral do Igape, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia, de ser preciso, aos interesados.

Artigo 16. Obrigas das persoas bolseiras

Sen prexuízo doutras obrigas conforme a estas bases e demais disposicións aplicables, as persoas beneficiarias das bolsas quedarán suxeitas ás seguintes obrigas:

a) Incorporarse ao seu destino dentro do prazo fixado na resolución de concesión. A non incorporación na data establecida na resolución sen que medie comunicación ao Igape suporá renuncia á bolsa. O retraso na incorporación na data prevista suporá o axuste da dotación en proporción aos días de estancia en Galicia e no destino estranxeiro. Neste sentido, o inicio da bolsa producirase entre o 2 e o 20 de xaneiro de cada ano, e finalizará 11 meses despois, entre o 1 e o 19 de decembro do mesmo ano.

b) Cumprir as normas de conduta da oficina ou entidade de destino do bolseiro/a.

c) Elaborar e presentarlle ao Igape os estudos, informes ou traballos prácticos durante a duración da bolsa e, antes do remate de cada período (período inicial e –no seu caso– prórroga), presentar unha memoria final sobre os traballos realizados e, se fose o caso, devolver –no prazo de 10 días desde o remate final– o material non funxible entregado polo Igape para o desenvolvemento da bolsa.

d) Xestionar, tramitar e obter os visados, permisos ou autorizacións exixidos polas autoridades do país ou cidade de destino e presentar unha copia no Igape antes de ocupar o seu destino.

e) Vacinarse e recibir os tratamentos preventivos necesarios para o país ou cidade de destino.

f) Contratar un seguro de enfermidade e accidentes para os casos de destino en estranxeiro por unha duración equivalente á da bolsa e as súas posibles prórrogas e presentar unha copia no Igape antes de ocupar o seu destino. O bolseiro/a será dado de alta na Seguridade Social dende o Igape polo que durante a súa estadía en Galicia terá a cobertura sanitaria da Seguridade Social, así como da Mutua correspondente no caso de accidente laboral ou enfermidade profesional.

g) Comunicarlle ao Igape a obtención doutras bolsas ou axudas de carácter similar, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade ao aboamento da bolsa.

h) Proceder ao reintegro da bolsa percibida, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

i) Dispoñer dun ordenador portátil e conexión á internet durante todo o tempo de gozo da bolsa dado que é necesario para a realización das labores da súa formación.

Procesador: 64 bits (x86).

Memoria RAM: recomendable 8 GB.

Disco duro: 240 Gb Serial ATA a 5.400 r.p.m.

Conexión de rede Gigabit Ethernet (10/100/1000 NIC) integrada.

Tecnoloxías sen fíos: LAN 802.11a/b/g/N.

Portos E/S externos:

Portos USB 2.0 ou superior

1 x RJ-45

O sistema operativo deberá ser Windows 10 Enterprise ou Profesional, ou Windows 11 Enterprise ou Profesional (en ningún caso versións Starter ni Home nin as súas correlativas de Windows 8.X), e dispoñer das correspondentes licencias de ofimática ou calquera outro software que requira o Igape.

O gasto de compra do ordenador portátil será asumido polo Igape nas condicións referidas no artigo 6.2 d).

Se a persoa bolseira xa dispón dun portátil que cumpra os requisitos mínimos antes mencionados poderá obviar a compra dun novo portátil, pero deberá achegar declaración xurada da súa posesión cos requisitos técnicos establecidos.

O incumprimento desta obriga poderá dar lugar ao inicio de incumprimento total e a perda da bolsa. O Igape poderá solicitar ao bolseiro/a unha revisión técnica do portátil antes de outorgar a axuda para a compra deste.

j) Participar nas actividades formativas que organice o Igape durante a bolsa, presenciais ou en liña.

k) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

l) Nos casos de destinos no estranxeiro, inscribirse no Rexistro de Matrícula da oficina consular ou da sección consular da misión diplomática que corresponda á circunscrición onde se atopen, segundo o establecido no Real decreto 3425/2000, do 15 de decembro, sobre inscrición dos españoles en Rexistros de Matrícula das Oficinas Consulares no estranxeiro.

Artigo 17. Xustificación da bolsa

1. Para o cobramento da bolsa concedida, o bolseiro/a, dentro do prazo establecido na resolución da convocatoria, deberá cubrir previamente o formulario electrónico de liquidación a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico de liquidación (IDEL) que identificará univocamente a solicitude de cobramento.

2. Deberá presentar a solicitude de cobramento mediante o formulario normalizado (anexo II) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDEL obtido no paso anterior. As solicitudes de cobramento que carezan do IDEL ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) poderán dar lugar ao inicio do expediente de incumprimento no caso de non seren corrixidas, logo do requirimento formulado para tal fin.

3. Unha vez xerada a solicitude de cobramento na aplicación informática, deberá presentala obrigatoriamente por vía electrónica.

4. No caso de que a solicitude de cobramento non se presentase en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase ao bolseiro/a para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días hábiles. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da bolsa, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá ao bolseiro/a das sancións que, conforme a lei, correspondan. A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da devandita Lei 9/2007.

5. Xunto coa solicitude de cobramento, a persoa bolseira presentará a seguinte documentación:

a) Para solicitar o cobramento dos pagamentos trimestrais previstos nas letras b) e c) dos artigos 18.1 e 18.2:

1. Memoria das actividades realizadas ata a data de solicitude do cobramento, cunha descrición en detalle de cada acción realizada –eventos, visita a feiras sectoriais, reunións destacables polos temas tratados ou polo perfil dos participantes nela, e tarefas singulares levadas a cabo no período que corresponda. Para facilitar a realización de este informe o Igape facilitará un modelo xeral que cada persoa bolseira adaptará ao seu caso particular.

2. Informe de vida laboral da persoa bolseira durante o período de prácticas formativas ata a data de solicitude do cobramento.

b) Para solicitar o cobramento dos pagamentos finais previstos na letra d) dos artigos 18.1 e 18.2:

1. Memoria final das actividades realizadas.

2. Informe de vida laboral do/da bolseiro/a durante o período de prácticas formativas que leve executado.

c) Para solicitar o cobramento dos pagamentos dos gastos indicados no artigo 18.3:

1º. Xustificantes de gastos e do seu pagamento de taxas de visado e de gastos de desprazamento a eventos, empresas ou entidades distintas do destino asignado, relacionados co obxecto da bolsa (avión, tren, autobús, hotel, taxi, aparcadoiro, autopista, compensación por quilometraxe; mediante facturas, billetes e/ou tarxetas de embarque e documentos de pagamento) xunto co informe da actividade realizada no caso de desprazamento a eventos ou reunións.

2º. Xustificantes de gastos e do seu pagamento de viaxe de ida para incorporación a destino e retorno a Galicia unha vez rematada a bolsa en destino, no período inicial ou no período de prórroga (mediante facturas, billetes e/ou tarxetas de embarque e documentos de pagamento).

3º. Xustificantes de gastos e do seu pagamento de gastos de seguro de accidentes e enfermidades (mediante facturas e documentos de pagamento).

O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada.

A persoa beneficiaria deberá presentar a documentación xustificativa obrigatoriamente por vía electrónica.

A persoa beneficiaria responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega das copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o Igape poderá solicitar de maneira motivada que presenten unha copia auténtica electrónica.

6. Con carácter previo ao pagamento, as persoas beneficiarias deberán presentar unha declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma.

7. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento que, se é o caso, poderá supor a modificación ou revogación da concesión e o reintegro, total ou parcial, das cantidades previamente aboadas.

Artigo 18. Aboamento da bolsa

1. A dotación da bolsa aboarase ao bolseiro/a segundo o seguinte detalle:

a) Un 30 % da dotación da bolsa no momento da resolución de concesión da bolsa.

b) Un 30 % da dotación ao termo do primeiro trimestre e cumpridas as obrigas da bolsa nese período.

c) Un 30 % da dotación ao termo do segundo trimestre e cumpridas as obrigas da bolsa nese período.

d) Un 10 % á finalización do prazo de duración da bolsa e cumpridas totalmente as súas obrigas.

2. No caso de prórroga, os pagamentos serán segundo o seguinte detalle:

a) Un 30 % da dotación un mes antes da incorporación ao destino da prórroga.

b) Un 30 % da dotación ao termo do primeiro trimestre e cumpridas as obrigas da bolsa nese período.

c) Un 30 % da dotación ao termo do segundo trimestre da prórroga e cumpridas as obrigas da bolsa nese período.

d) Un 10 % á finalización do prazo de duración da prórroga da bolsa e cumpridas totalmente as súas obrigas.

O atraso na incorporación á bolsa por causas non imputables ao Igape suporá unha menor duración da bolsa e o axuste proporcional na súa dotación ou ben o inicio do incumprimento total se a demora pode ser considerada excesiva.

3. Exclúense dos anteriores pagamentos a contía para gastos indicados no artigo 6.2.a), b), c) e d). O bolseiro/a deberá solicitar o seu cobramento no mesmo prazo que a solicitude de cobramento, marcando a opción correspondente no anexo II. Logo de autorización, admitirase a liquidación de gastos fóra dos prazos da solicitude de cobramento cando as circunstancias así o aconsellen.

4. A dotación e o calendario de pagamentos das bolsas outorgadas por renuncias doutros bolseiros/as estableceranse na resolución de concesión da bolsa en función do período do seu desfrute.

5. A concesión do anticipo, establecido nas letras a) dos puntos 1 e 2 deste artigo, será obxecto de resolución motivada e poderá chegar ata o 30 % da dotación da bolsa, logo de autorización polo Consello da Xunta nos termos previstos no artigo 63.Un.1 e 63.3 do Decreto 11/2009. O importe conxunto dos pagamentos a conta e do pagamento anticipado non excederá a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario e pode acadar ata o 90 % da subvención logo de autorización polo Consello da Xunta nos termos previstos nos artigos 62.2 e 62.4 do devandito Decreto 11/2009.

Artigo 19. Certificado da bolsa

Tras a presentación no Igape da memoria final das actividades realizadas, o bolseiro/a terá dereito a recibir un certificado de persoa beneficiaria da bolsa concedida. Non se recibirá certificado no caso de renuncia á bolsa antes de que transcorran 6 meses desde o inicio.

Artigo 20. Incumprimento da bolsa

1. Procederá a revogación da bolsa e, se é o caso, o reintegro das cantidades anticipadas e os seus xuros de demora devindicados desde o seu pagamento, cando o bolseiro/a incumpra calquera das bases da convocatoria ou os compromisos contraídos na resolución de concesión, así como nos casos previstos nos artigos 33 e concordantes da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

2. Ao termo do primeiro semestre o Igape revisará o cumprimento do programa de formación asignado e reserva para si a facultade de revogar a bolsa se o bolseiro/a incumpre as súas obrigas, sen que sexa por algunha causa xustificada ou motivo de forza maior.

3. No caso de que a persoa bolseira renuncie á bolsa concedida deberá comunicalo ao Igape por escrito con polo menos 15 días de antelación á data na que abandone o seu posto. Este prazo establécese con carácter xeral sen prexuízo de que por causas xustificadas non poida cumprirse o dito prazo.

Se a persoa bolseira renuncia á bolsa antes de que transcorran 6 meses desde o seu inicio por atopar un posto de traballo, unha vez asinado o contrato deberá presentalo no Igape, xunto coa vida laboral actualizada na que se recolla a nova situación –para o caso de terceiros países a vida laboral poderá ser substituída por documento local análogo–. Esta circunstancia dará lugar ao inicio dun procedemento de incumprimento parcial. Nos casos de incumprimento parcial, a cantidade anticipada para devolver obterase pola diferenza entre a dotación percibida ata o momento da renuncia e a que lle corresponde polos días efectivamente desfrutados.

No caso de renuncia antes de que transcorran seis meses desde o inicio da bolsa por outras causas, considerarase incumprimento total. O incumprimento total comportará a devolución de todas as cantidades percibidas, excepto o aboado en concepto de gastos de desprazamento.

4. En todo o non regulado nestas bases rexerá o disposto nos capítulos I e II do título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no título V, capítulos I e II do Decreto 11/2009, polo que se aproba o seu regulamento.

Artigo 21. Réxime sancionador

Ás persoas beneficiarias das bolsas reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007.

Artigo 22. Fiscalización e control

As persoas beneficiarias someteranse ás actuacións de control que efectúe o Igape e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, ás previstas na lexislación do Consello de Contas e do Tribunal de Contas, así como ás que poidan efectuar os órganos competentes da Unión Europea. Neste senso, as persoas beneficiarias teñen a obriga de facilitar toda a información que sexa requirida polos ditos organismos.

Artigo 23. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións teñen a obriga de subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 24. Remisión normativa

En todo o non previsto nestas bases, será de aplicación o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento; no Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, e no resto da normativa que resulte de aplicación.

En canto ao cómputo de prazos, aplicarase o disposto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Certificados de idiomas admitidos

Idioma inglés: táboa de equivalencia de certificados e a súa correspondencia co Marco común europeo de referencia para as linguas.

Tipo certificado

B1

B2

C1

C2

ACLES

B1 Cert

B2 Cert

C1 Cert

C2 Cert

Business Languague Testing Service (Bulats)

40-59

60-74

75-89

90-100

Cámara de Comercio de Londres

English for tourism/Jetset Esol B1/Elsa B1

Cambridge: Business English Certificates (BEC)

BEC 1: Preliminary

BEC 2: Vantage

BEC 3: Higher

Cambridge: General English Exams

Prelimanary English Test (PET)

First Certificate in English (FCE)

Certificate in Advanced English (CAE)

Certificate of Proficiency in English (CPE)

Cambridge: International Certificate in Financial English (ICFE)

ICFE Vantage

ICFE: Effective Operational Proficiency

Cambridge: International English Language Testing Service (IELTS)

3,5 – 4,5

5-6

6,5-7

7,5 +

Cambridge: International Legal English Certificate (ILEC)

ILEC Vantage

ILEC: Effective Operational Proficiency

CLES

CLES 1

CLES 2

CLES 3

Escuela Oficial de Idiomas (R.D. 1629/2006)

Intermedio 2

Avanzado 2

Escuela Oficial de Idiomas (R.D. 967/1988)

3º curso ciclo elemental

2º curso ciclo superior

London Test of English (LTE)

Level 2

Level 3

Level 4

Level 5

Test of English as a Foreign Language – computer based (TOEFL cBT)

137+

220+

Test of English as a Foreign Language – Internet based (TOEFL iBT)

57-86

87 – 109

110-120

Test of English as a Foreign Language – paper based (TOEFL pBT)

457+

560+

The European Language Certificates (Telc)

Telc English B1

Telc English B2

Telc English C1

Trinity College: Integrated Skills in English (ISE)

ISE I

ISE II

ISE III

ISE IV

UNICERT

Level 1

Level 2

Level 3/4

Universidade de Michigan

Certificate of Competency in English

Certificate of Proficiency in English

University of Central Lancashire (UClan)

Entry 3 (B1)

Level 1 (B2)

Level 2 (C1)

Level 3 (C2)

Idioma francés: táboa de equivalencia de certificados e a súa correspondencia co Marco común europeo de referencia para as linguas.

Tipo certificado

B2

C1

C2

ACLES

B2 Cert

C1 Cert

C2 Cert

Alliance Française

Diplôme de Langue Française (DLF)

Diplôme Supérieure D’Études Françaises Modernes (DS)

Diplôme de Hautes Études Françaises (DHEF)

Business Language Testing Service (BULATS) (require superación das 4 macro destrezas)

60 -74

75 – 89

90- 100

Centre de Langue Française: Diplômes de Français Professionel (DFP) Spécialités

DFP Secrétariat B2/DFP Médical B2/DFP Juridique B2

Centre de Langue Française: Diplômes de Français Professionel (DFP) Affaires/Général

DFP Affaires B2

DFP Affaires C1

DFP Affaires C2

Centre de Langue Française: Diplômes de Français Professionel (DFP) Généralistes

Centre International D’études Pedagogiques: Diplôme D´études en Langue Française (DELF)

Diplôme D´études en Langue Française B2 (DELF B2)

Diplôme Approfondie de Langue Française C1 (DALF C1)

Diplôme Approfondie de Langue Française C2 (DALF C2)

Centre International D’études Pedagogiques: Test de Connaisance de Francais (TCF)

TCF Niveau 4 (B2): 400- 499 pts/TCF-DAP (Demanded´Admission Préalable)

TCF Niveau 5 (C1): 500-599 pts

TCF Niveau 6 (C2):

600-699 pts

CH. de Commerce et D’Industrie: Test d’Evaluation de Français (TEF)

TEF 4: 541 – 698 pts

TEF 5: 699 – 833 pts

TEF 6: 834 – 900 pts

CLES

CLES 2

CLES 3

Escuela Oficial de Idiomas (R.D. 1629/2006)

Avanzado 2

Escuela Oficial de Idiomas (R.D. 967/1988)

2º Curso ciclo superior

The European Language Certificates (TELC)

TELC Français B2

UNICERT

Level 2

Level 3/4

Idioma alemán: táboa de equivalencia de certificados e a súa correspondencia co Marco común europeo de referencia para as linguas.

Tipo certificado

B2

C1

C2

ACLES

B2 Cert

C1 Cert

C2 Cert

Business Language Testing Service (BULATS)

(require superación das 4 macro destrezas)

60 – 74

75 – 89

90-100

CLES

CLES 2

CLES 3

Deutsche Sprachprüfüng Für den

Hochschul- Zugang (DSH)

DSH-1

DSH-2 (ant. prüfung zum nachweis

deutscher sprache-pnds)

DSH-3

Deutsches Sprachdiplom der Kulturminister- Konferenz (DSD)

DSD II

Escuela Oficial de Idiomas (R.D. 1629/2006)

Avanzado 2

Escuela Oficial de Idiomas (R.D. 967/1988)

2º Curso ciclo superior

Goethe-Institut

Goethe- Zertifikat B2

Goethe- Zertifikat C1

Zentrale Oberstufen- Prüfung (ZOP)

Zertifikat Deutsch für den Beruf (ZDfB)

Prüfung Wirtschafts- Deutsch International

(PWD)

Kleines Deutsches Sprachdiplom (KDS)

Österreichisches Sprachdiplom Deutsch (ÖSD)

B2 Mittelstufe Deutsch (MD)

C1 Oberstufe Deutsch (OD)

Idioma chinés: táboa de equivalencia de certificados e a súa correspondencia co Marco común europeo de referencia para as linguas.

Tipo certificado

B2

C1

C2

Hanyu Shuiping Kaoshi (HSK)(require superación das 4 destrezas)

HSK 4

HSK 5

HSK 6

ANEXO IV

Dietas por manutención e destino

Destino

Con noite

Sen noite

Galicia

44,09 €

22,05 €

Alemaña

59,50 €

29,75 €

Andorra

44,47 €

22,24 €

Angola

59,50 €

29,75 €

Arabia Saudita

54,09 €

27,05 €

Alxeria

44,47 €

22,24 €

Arxentina

55,29 €

27,65 €

Australia

51,09 €

25,55 €

Austria

58,90 €

29,45 €

Bélxica

82,94 €

41,47 €

Bolivia

36,66 €

18,33 €

Bosnia-Herzegovina

49,88 €

24,94 €

Brasil

79,33 €

39,67 €

Bulgaria

37,86 €

18,93 €

Camerún

48,68 €

24,34 €

Canadá

51,69 €

25,85 €

Chile

50,49 €

25,25 €

China

46,28 €

23,14 €

Colombia

78,13 €

39,07 €

Corea

55,29 €

27,65 €

Costa de Marfil

49,28 €

24,64 €

Costa Rica

44,47 €

22,24 €

Croacia

49,88 €

24,94 €

Cuba

56,50 €

28,25 €

Dinamarca

64,91 €

32,46 €

Rep. Dominicana

36,66 €

18,33 €

Ecuador

43,27 €

21,64 €

Exipto

39,07 €

19,54 €

O Salvador

43,27 €

21,64 €

EAU

56,50 €

28,25 €

Eslovaquia

43,27 €

21,64 €

Estados Unidos

69,72 €

34,86 €

Etiopía

37,86 €

18,93 €

Filipinas

39,67 €

19,84 €

Finlandia

65,51 €

32,76 €

Francia

65,51 €

32,76 €

Gabón

52,89 €

26,45 €

Ghana

37,26 €

18,63 €

Grecia

39,07 €

19,54 €

Guatemala

42,67 €

21,34 €

Guinea Ecuatorial

50,49 €

25,25 €

Haití

37,86 €

18,93 €

Honduras

42,07 €

21,04 €

Hong Kong

51,69 €

25,85 €

Hungría

46,28 €

23,14 €

India

38,46 €

19,23 €

Indonesia

42,67 €

21,34 €

Iraq

39,07 €

19,54 €

Irán

44,47 €

22,24 €

Irlanda

48,08 €

24,04 €

Israel

56,50 €

28,25 €

Italia

63,11 €

31,56 €

Xamaica

46,28 €

23,14 €

Xapón

96,76 €

48,38 €

Xordania

42,67 €

21,34 €

Kenia

39,67 €

19,84 €

Kuwait

44,47 €

22,24 €

Líbano

34,86 €

17,43 €

Libia

54,69 €

27,35 €

Luxemburgo

55,89 €

27,95 €

Malaisia

34,26 €

17,13 €

Malta

31,85 €

15,93 €

Marrocos

39,67 €

19,84 €

Mauritania

39,07 €

19,54 €

México

43,27 €

21,64 €

Mozambique

42,67 €

21,34 €

Nicaragua

52,89 €

26,45 €

Nova Zelandia

40,27 €

20,14 €

Países Baixos

64,31 €

32,16 €

Paquistán

37,26 €

18,63 €

Panamá

36,66 €

18,33 €

Paraguai

33,06 €

16,53 €

Perú

43,27 €

21,64 €

Polonia

42,67 €

21,34 €

Portugal

43,87 €

21,94 €

Reino Unido

82,94 €

41,47 €

República Checa

43,27 €

21,64 €

Romanía

38,46 €

19,23 €

Rusia

73,32 €

36,66 €

Senegal

45,08 €

22,54 €

Singapur

48,08 €

24,04 €

Siria

46,28 €

23,14 €

Sudáfrica

48,08 €

24,04 €

Suecia

75,13 €

37,57 €

Suíza

61,30 €

30,65 €

Tailandia

39,07 €

19,54 €

Taiwán

48,68 €

24,34 €

Tanzania

30,05 €

15,03 €

Tunes

46,28 €

23,14 €

Turquía

39,07 €

19,54 €

Uruguai

41,47 €

20,74 €

Venezuela

36,06 €

18,03 €

Iemen

43,27 €

21,64 €

Iugoslavia

49,88 €

24,94 €

Zaire/Congo

54,09 €

27,05 €

Zimbawe

39,07 €

19,54 €

Resto do mundo

40,87 €

20,44 €