DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 21 de xuño de 2024 Páx. 38130

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2024 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

En liña coa decidida aposta da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) polo uso de modernas modalidades de formación e metodoloxías de ensino, esta convocatoria supón a consolidación do Programa de autoformación, programa iniciado no ano 2013 e que, verificada a súa ampla aceptación entre as persoas destinatarias, este ano renova os seus contidos formativos para incluír novos temas de interese.

A autoformación oriéntase cara á adquisición de coñecementos e habilidades de xeito autónomo, pois a persoa participante asume un papel activo no proceso de aprendizaxe a través do emprego das tecnoloxías da información e da comunicación. Ao mesmo tempo, esta modalidade permite achegar as actividades da Escola a un maior número de persoas ao servizo da Administración, especialmente a aquelas que, por barreiras xeográficas ou razóns de conciliación, non poden optar pola modalidade presencial. Ademais, con este programa procúrase unha maior independencia do alumnado para elaborar o seu propio plan de aprendizaxe, sen o condicionamento dos prazos.

Polo demais, o programa de autoformación continúa efectuando unha oferta formativa conxunta e, en tal sentido, diríxese a todo o persoal ao servizo das diferentes administracións da Comunidade Autónoma, mediante a oferta dun amplo abano de cursos relativos a diferentes áreas formativas que facilitan a capacitación para o desenvolvemento eficiente de calquera posto de traballo.

As persoas que desexen participar no programa de autoformación dispoñen de dúas opcións, compatibles entre elas pero independentes unha da outra: por unha banda, poden acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matrícula da EGAP, tal e como se prevé no anexo I. Por outra banda, poden solicitar presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II que lles ofrecen a posibilidade de acreditar a súa competencia mediante a obtención dun certificado de equivalencia.

Cómpre ter en conta que o acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas, pero só as persoas que se matriculen nas probas de avaliación e as superen teñen dereito a obter un certificado de equivalencia, que ten o mesmo valor que un de aproveitamento. En concreto, as probas de avaliación superadas nesta modalidade de formación valoraranse conforme o que establezan as bases dos procesos que convoque, no seu día, a Dirección Xeral da Función Pública.

Por todo o exposto, e en execución do Plan de formación 2024 da EGAP,

RESOLVO:

Convocar as actividades do programa de autoformación que figuran nesta resolución, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas nos anexos I e II.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2024

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Contidos das actividades do programa de autoformación

Bases

Primeira. As actividades

1. As actividades do programa de autoformación son as seguintes:

Código

Actividade

AF24066

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos-Contidos

AF24067

A educación emocional como ferramenta para promover a igualdade-Contidos

AF24068

A protección do menor ante os medios de comunicación-Contidos

AF24069

A responsabilidade patrimonial da Administración pública-Contidos

AF24070

A transformación e evolución do emprego público desde a Lei 2/2015-Contidos

AF24072

Acción exterior das administracións públicas galegas: Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia-Contidos

AF24073

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base)-Contidos

AF24074

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2019)-Contidos

AF24075

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)-Contidos

AF24076

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019)-Contidos

AF24077

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)-Contidos

AF24078

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2019)-Contidos

AF24079

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress)-Contidos

AF24080

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office 2019)-Contidos

AF24081

Aproximación á violencia de xénero-Contidos

AF24082

Aspectos conceptuais e metodolóxicos básicos para a introdución da perspectiva demográfica na actuación da Administración autonómica-Contidos

AF24083

Avaliación de políticas públicas-Contidos

AF24084

Básico de protocolo e organización de eventos-Contidos

AF24085

Básico de subvencións e normativa aplicable-Contidos

AF24086

Igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. Nivel básico-Contidos

AF24087

Básico en prevención de riscos laborais-Contidos

AF24088

Cambio e motivación nas organizacións-Contidos

AF24089

Conciliación da vida persoal, familiar e laboral-Contidos

AF24090

Contratación estratéxica-Contidos

AF24091

Correo electrónico corporativo-Contidos

AF24092

Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia-Contidos

AF24093

Diagnóstico do clima organizacional. A optimización do recurso humano-Contidos

AF24094

Igualdade de xénero nas administracións públicas-Contidos

AF24095

Incompatibilidades do persoal empregado público de Galicia-Contidos

AF24096

Incorporación de cláusulas sociais e de xénero na contratación pública-Contidos

AF24097

Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais-Contidos

AF24098

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito-Contidos

AF24099

Introdución ao dereito da Unión Europea para os xestores públicos-Contidos

AF24100

Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia-Contidos

AF24101

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas-Contidos

AF24102

Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia-Contidos

AF24103

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público-Contidos

AF24104

Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia-Contidos

AF24105

Lei de recuperación da terra agraria de Galicia-Contidos

AF24107

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública-Contidos

AF24108

Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais-Contidos

AF24109

O exercicio da competencia administrativa na Lei 40/2015, do 1 de outubro-Contidos

AF24110

O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia: V Convenio colectivo único de persoal laboral-Contidos

AF24111

Organización e simplificación do traballo administrativo-Contidos

AF24112

Os convenios de colaboración: elaboración e tramitación-Contidos

AF24113

Prestacións da Seguridade Social e cotizacións-Contidos

AF24114

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos-Contidos

AF24115

Prevención de riscos psicosociais: o estrés laboral-Contidos

AF24116

Prevención e xestión de conflitos-Contidos

AF24117

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público-Contidos

AF24118

Revisión dos actos en vía administrativa-Contidos

AF24119

Réxime disciplinario do empregado público de Galicia-Contidos

AF24120

Sensibilización e prevención da violencia de xénero-Contidos

AF24121

Sexting, sextorsión, violencia de xénero dixital-Contidos

AF24122

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux Debian 9)-Contidos

AF24123

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (Windows 10)-Contidos

AF24124

Técnicas efectivas para preparar presentacións-Contidos

AF24125

Técnicas elementais de arquivos-Contidos

AF24126

Tramitación de expedientes de contratación na Administración autonómica-Contidos

AF24127

Transparencia: acceso á información pública e publicidade activa-Contidos

AF24128

Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)-Contidos

AF24129

Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)-Contidos

AF24130

Xestión de indemnizacións por razón de servizo na Administración autonómica-Contidos

2. Cada unha das actividades está composta de contidos multimedia actualizados, material complementario e, debido a que non existe a figura do/da titor/a, cuestionarios de corrección automática, que facilitan unha aprendizaxe autónoma máis efectiva.

Segunda. Acceso aos contidos

1. Todo o persoal destinado ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e, concretamente, na base primeira do anexo II, pode acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula

2. A inscrición para o acceso aos contidos poderá facerse en calquera momento a partir do 23 de xullo de 2024, día seguinte ao da finalización do prazo de matrícula da proba de avaliación das actividades do programa de autoformación.

Poderase acceder aos ditos contidos na aula virtual da EGAP desde a inscrición de acceso ata o 30 de decembro de 2024.

Os/as participantes deberán dispoñer do software que se poida requirir na actividade convocada.

3. Cada persoa determinará libremente o número de actividades en que queira inscribirse e mais o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas.

4. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a inscrición. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35 ou no enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).

5. Unha vez inscrita, a persoa recibirá unha mensaxe de correo electrónico de confirmación e despois poderá acceder aos contidos da actividade ou actividades na aula virtual, no enderezo https://egap.xunta.gal/aulavirtual

6. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.

7. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non dá dereito á expedición do certificado regulado na base novena do anexo II.

ANEXO II

As probas de avaliación das actividades do programa de autoformación

Bases

Primeira. Participación nas probas

1. Pode participar nas probas de avaliación das actividades do programa de autoformación o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), que se atope en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral), e reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia e o persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segunda. Prazas convocadas, horas certificadas, datas, lugar e horario

As probas de avaliación das actividades do programa de autoformación desenvolveranse en liña de acordo coa seguinte táboa:

Código

Actividade

Prazas

Horas

Edición

Data e hora do exame en liña

AF24001

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos-Proba de avaliación

200

20

T01

18.11.2024

18.30 horas

AF24002

A educación emocional como ferramenta para promover a igualdade-Proba de avaliación

200

20

T01

4.12.2024

19.30 horas

AF24003

A protección do menor ante os medios de comunicación-Proba de avaliación

200

30

T01

11.12.2024

18.30 horas

AF24004

A responsabilidade patrimonial da Administración pública-Proba de avaliación

200

30

T01

19.12.2024

18.30 horas

AF24005

A transformación e evolución do emprego público desde a Lei 2/2015-Proba de avaliación

200

20

T01

20.11.2024

19.00 horas

AF24007

Acción exterior das administracións públicas galegas: Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia-Proba de avaliación

200

30

T01

9.12.2024

18.30 horas

AF24008

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base)-Proba de avaliación

200

50

T01

11.12.2024

16.30 horas

AF24009

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2019)-Proba de avaliación

200

50

T01

11.12.2024

17.30 horas

AF24010

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)-Proba de avaliación

200

50

T01

9.12.2024

16.30 horas

AF24011

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019)-Proba de avaliación

200

50

T01

9.12.2024

17.30 horas

AF24012

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)-Proba de avaliación

200

30

T01

4.12.2024

16.30 horas

AF24013

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2019)-Proba de avaliación

200

30

T01

4.12.2024

17.30 horas

AF24014

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress)-Proba de avaliación

200

30

T01

10.12.2024

16.30 horas

AF24015

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office 2019)-Proba de avaliación

200

30

T01

10.12.2024

17.30 horas

AF24016

Aproximación á violencia de xénero-Proba de avaliación

200

30

T01

4.12.2024

18.30 horas

AF24017

Aspectos conceptuais e metodolóxicos básicos para a introdución da perspectiva demográfica na actuación da Administración autonómica-Proba de avaliación

200

30

T01

18.12.2024

18.30 horas

AF24018

Avaliación de políticas públicas-Proba de avaliación

200

30

T01

10.12.2024

18.30 horas

AF24019

Básico de protocolo e organización de eventos-Proba de avaliación

200

20

T01

17.12.2024

19.30 horas

AF24020

Básico de subvencións e normativa aplicable-Proba de avaliación

200

30

T01

5.12.2024

18.30 horas

AF24021

Igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero.

Nivel básico-Proba de avaliación

250

20

T01

12.12.2024

16.30 horas

AF24021

Igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero.

Nivel básico-Proba de avaliación

250

20

T02

12.12.2024

17.30 horas

AF24021

Igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero.

Nivel básico-Proba de avaliación

250

20

T03

12.12.2024

18.30 horas

AF24021

Igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero.

Nivel básico-Proba de avaliación

250

20

T04

12.12.2024

19.30 horas

AF24022

Básico en prevención de riscos laborais-Proba de avaliación

200

50

T01

17.12.2024

16.30 horas

AF24022

Básico en prevención de riscos laborais-Proba de avaliación

200

50

T02

17.12.2024

17.30 horas

AF24023

Cambio e motivación nas organizacións-Proba de avaliación

200

15

T01

27.11.2024

19.30 horas

AF24024

Conciliación da vida persoal, familiar e laboral-Proba avaliación

200

30

T01

16.12.2024

16.30 horas

AF24024

Conciliación da vida persoal, familiar e laboral-Proba avaliación

200

30

T02

16.12.2024

17.30 horas

AF24025

Contratación estratéxica-Proba de avaliación

200

35

T01

27.11.2024

17.30 horas

AF24026

Correo electrónico corporativo-Proba de avaliación

200

12

T01

19.12.2024

19.30 horas

AF24027

Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia-Proba de avaliación

200

20

T01

25.11.2024

18.30 horas

AF24028

Diagnóstico do clima organizacional. A optimización do recurso humano-Proba de avaliación

200

30

T01

17.12.2024

18.30 horas

AF24029

Igualdade de xénero nas administracións públicas-Proba de avaliación

200

20

T01

26.11.2024

17.30 horas

AF24030

Incompatibilidades do persoal empregado público de Galicia-Proba de avaliación

200

18

T01

5.12.2024

19.30 horas

AF24031

Incorporación de cláusulas sociais e de xénero na contratación pública-Proba de avaliación

200

20

T01

20.11.2024

20.00 horas

AF24032

Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais-Proba de avaliación

200

30

T01

13.12.2024

18.30 horas

AF24033

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito-Proba da avaliación

200

24

T01

25.11.2024

17.30 horas

AF24034

Introdución ao dereito da Unión Europea para os xestores públicos-Proba de avaliación

200

30

T01

25.11.2024

16.30 horas

AF24035

Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia-Proba de avaliación

200

20

T01

22.11.2024

16.30 horas

AF24036

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas-Proba de avaliación

200

25

T01

19.12.2024

16.30 horas

AF24036

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas-Proba de avaliación

200

25

T02

19.12.2024

17.30 horas

AF24037

Lei 4/2019, do 17 de xullo, de Administración dixital de Galicia-Proba de avaliación

200

25

T01

20.11.2024

17.30 horas

AF24038

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público-Proba de avaliación

200

25

T01

18.12.2024

16.30 horas

AF24038

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público-Proba de avaliación

200

25

T02

18.12.2024

17.30 horas

AF24039

Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia-Proba de avaliación

200

25

T01

20.12.2024

17.30 horas

AF24040

Lei de recuperación da terra agraria de Galicia-Proba de avaliación

200

25

T01

27.11.2024

18.30 horas

AF24042

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública-Proba de avaliación

200

30

T01

16.12.2024

18.30 horas

AF24043

Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais-Proba de avaliación

200

20

T01

20.12.2024

16.30 horas

AF24044

O exercicio da competencia administrativa na Lei 40/2015, do 1 de outubro-Proba de avaliación

200

25

T01

22.11.2024

17.30 horas

AF24045

O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia: V Convenio colectivo único de persoal laboral-Proba de avaliación

200

20

T01

18.11.2024

17.30 horas

AF24046

Organización e simplificación do traballo administrativo-Proba de avaliación

200

12

T01

16.12.2024

19.30 horas

AF24047

Os convenios de colaboración: elaboración e tramitación-Proba de avaliación

200

20

T01

20.12.2024

18.30 horas

AF24048

Prestacións da Seguridade Social e cotizacións-Proba de avaliación

200

30

T01

2.12.2024

17.00 horas

AF24049

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos-Proba de avaliación

200

15

T01

18.12.2024

19.30 horas

AF24050

Prevención de riscos psicosociais: o estrés laboral-Proba de avaliación

200

20

T01

25.11.2024

19.30 horas

AF24051

Prevención e xestión de conflitos-Proba de avaliación

200

25

T01

22.11.2024

19.30 horas

AF24052

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público-Proba da avaliación

200

25

T01

2.12.2024

19.00 horas

AF24053

Revisión dos actos en vía administrativa-Proba de avaliación

200

25

T01

22.11.2024

18.30 horas

AF24054

Réxime disciplinario do empregado público de Galicia-Proba de avaliación

200

15

T01

11.12.2024

19.30 horas

AF24055

Sensibilización e prevención da violencia de xénero-Proba de avaliación

200

20

T01

13.12.2024

19.30 horas

AF24056

Sexting, sextorsión, violencia de xénero dixital-Proba de avaliación

200

20

T01

26.11.2024

18.30 horas

AF24057

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux Debian 9)-Proba de avaliación

200

30

T01

5.12.2024

17.30 horas

AF24058

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (Windows 10)-Proba de avaliación

200

30

T01

5.12.2024

16.30 horas

AF24059

Técnicas efectivas para preparar presentacións-Proba de avaliación

200

20

T01

18.11.2024

19.30 horas

AF24060

Técnicas elementais de arquivos-Proba de avaliación

200

25

T01

10.12.2024

19.30 horas

AF24061

Tramitación de expedientes de contratación na administración autonómica-Proba de avaliación

200

30

T01

27.11.2024

16.30 horas

AF24062

Transparencia: acceso á información pública e publicidade activa-Proba de avaliación

200

25

T01

2.12.2024

18.00 horas

AF24063

Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)-Proba de avaliación

200

50

T01

13.12.2024

16.30 horas

AF24064

Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)-Proba de avaliación

200

50

T01

13.12.2024

17.30 horas

AF24065

Xestión de indemnizacións por razón de servizo na Administración autonómica-Proba de avaliación

200

25

T01

26.11.2024

19.30 horas

Terceira. Solicitudes de participación

1. O prazo de presentación de solicitudes de participación nas probas de avaliación será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 22 de xullo de 2024.

2. As solicitudes de participación nas probas de avaliación só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a catro.

4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das probas de avaliación das actividades do programa de autoformación solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude ou non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección.

6. As persoas interesadas en recibiren mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

7. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade, ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) de acordo cos criterios de selección poden remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria ao enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación debe enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación debe presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

8. Cando nalgunha das probas de avaliación das actividades do programa de autoformación non haxa un número suficiente de solicitantes que cumpran os requisitos, a EGAP poderá abrir un novo prazo de presentación de solicitudes na súa páxina web.

9. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35 ou no enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).

Cuarta. Comprobación de datos

1. Conforme ao disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar, ademais, unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón a través do seguinte enderezo electrónico xestion.egap@xunta.gal

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración a través do seguinte enderezo electrónico xestion.egap@ xunta.gal

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.

Quinta. Criterios de selección

1. Os criterios de selección que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 10 de maio de 2023 (DOG núm. 96, do 23 de maio), corrección de erros (DOG núm. 130, do 10 de xullo de 2023 e DOG núm. 148, do 4 de agosto de 2023).

2. Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2024 segundo a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 31 de xaneiro (DOG núm. 29, do 9 de febreiro), comezarase pola letra H.

Sexta. Publicación da relación do persoal seleccionado

Para cada proba de avaliación das actividades do programa de autoformación a EGAP publicará no enderezo https://egap.xunta.gal unha relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas para participar na dita proba, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Sétima. Cambios ou substitucións na selección e renuncia

1. En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia.

a) As persoas seleccionadas poderán renunciar á actividade formativa. A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para formalizar a renuncia poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal

O prazo para presentar o escrito de renuncia iniciarase ao día seguinte do remate do prazo de matrícula e finalizará un mes antes da data da proba de avaliación.

b) As persoas que incumpran o prazo previsto pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade, agás que a renuncia teña algunha das seguintes causas:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

– Por razóns de conciliación familiar.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

Oitava. Desenvolvemento das probas de avaliación

1. Para superar as probas de avaliación, o alumnado deberá responder de forma correcta un 50 % das preguntas do exame, que será de tipo test. As respostas incorrectas non descontarán acertos.

2. Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.

3. As persoas seleccionadas que non realicen as probas de avaliación pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Novena. O certificado de equivalencia

1. As persoas que superen a proba de avaliación obterán o correspondente certificado de equivalencia.

2. Este certificado equivale a un certificado de aproveitamento polas horas previstas na correspondente actividade do programa de autoformación. Estas actividades formativas valoraranse conforme establezan as bases dos concursos que convoque, no seu día, a Dirección Xeral da Función Pública.

Décima. As facultades da EGAP

1. Correspóndelle á EGAP dispor canto sexa necesario para o cumprimento do previsto nesta convocatoria e para a resolución das incidencias que se produzan. Tendo en conta as circunstancias relativas á organización das probas de avaliación das actividades do programa de autoformación, a EGAP pode modificar o desenvolvemento, os contidos e as datas das probas e mesmo suprimilas.

2. A EGAP pode suspender ou cancelar as probas de avaliación das actividades do programa de autoformación en que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas. As persoas afectadas disporán de toda a información no enderezo https://egap.xunta.gal. A información tamén se enviará por correo electrónico e, no caso das persoas que facilitasen o correspondente número, por telefonía móbil.

3. A execución material de todo o previsto nesta resolución queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e mais á correspondente autorización do gasto.

4. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.