DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 21 de xuño de 2024 Páx. 38243

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica da comunicación ás persoas titulares das parcelas coas referencias catastrais que se relacionan a seguir, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a comunicación de xestión da biomasa coa finalidade de que no prazo de quince (15) días naturais, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas interesadas no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas a que se refire o artigo 22 da citada lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do anuncio pertinente no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, comunícaselles ás persoas responsables que o contido íntegro das ditas notificacións, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición no Departamento de Urbanismo do Concello de Fene, sito no segundo piso do edificio do Concello, na praza do Alcalde Ramón José Souto, s/n, Fene.

Número de expediente

Referencia catastral

Localización

2024/I004/000042

15036A021007780000YU

Camiño dos Limoeiros (Maniños-Fene)

2024/I004/000043

15036A021007800000YZ

Camiño dos Limoeiros (Maniños-Fene)

Fene, 10 de xuño de 2024

Juventino José Trigo Rey
Alcalde