DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 21 de xuño de 2024 Páx. 38244

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria e bases específicas de varios procesos selectivos para a cobertura de prazas vacantes pertencentes ao cadro de persoal funcionario.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm 278, do 4 de decembro de 2023, foron publicadas as Bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios/as e persoal laboral do Concello de Lugo en quenda libre, así como a prazas reservadas a promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 097, do 26 de abril de 2024, foron publicadas as convocatorias e as bases específicas que rexerán os procesos selectivos para a cobertura das seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario do Concello de Lugo:

– 1 praza de oficial cociñeiro/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, subgrupo C2. Quenda de promoción interna.

– 1 praza de oficial fontaneiro/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, subgrupo C2. Quenda de promoción interna.

– 1 praza de oficial maquinista fontaneiro/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, subgrupo C2. Quenda de promoción interna.

– 3 prazas de técnico/a medio/a de xestión, encadradas na escala de Administración xeral, subescala de xestión, subgrupo A2. Quenda de promoción interna.

– 3 prazas de técnico/a medio/a de xestión, encadradas na escala de Administración xeral, subescala de xestión, subgrupo A2. Quenda libre.

– 1 praza de educador/a social, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, subgrupo A2. Quenda libre.

– 4 prazas de celador/a de CEIP, encadradas na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, grupo AP (agrupacións profesionais), unha (1) en quenda de acceso libre reservada a persoas con discapacidade e tres (3) en quenda de acceso libre.

– 4 prazas de ordenanza, encadradas na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, grupo AP (agrupacións profesionais), unha (1) en quenda de acceso libre reservada a persoas con discapacidade e tres (3) en quenda de acceso libre.

– 1 praza de operario/a de zona rural, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, grupo AP (agrupacións profesionais). Quenda libre.

– 1 praza de técnico/a, encadrada na escala de Administración xeral/especial, subescala técnica, subgrupo A1. Quenda libre.

– 2 prazas de traballador/a social, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, subgrupo A2. Quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 104, do 6 de maio de 2024, foron publicadas as convocatorias e as bases específicas que rexerán os procesos selectivos para a cobertura das seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario do Concello de Lugo:

– 1 praza de oficial condutor/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, subgrupo C2. Quenda libre.

– 1 praza de arquitecto/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, subgrupo A1. Quenda libre.

– 1 praza de monitor/a de educación viaria, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, subgrupo C1. Quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 23 de maio de 2024

A alcaldesa
P.D. (Decreto da Alcaldía 464/2024, do 19.1.2024,
modificado polo Decreto 4036/2024, do 30.4.2024)
Ángel Pablo Permuy Villanueva
Tenente de alcaldesa delegado da Área de
Xestión Integral de Recursos Internos