DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 20 de xuño de 2024 Páx. 38089

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de funcionario interino de chofer de rozadoira.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo do 19 de maio de 2024, publícanse integramente as bases reguladoras do acceso a un posto de funcionario interino, chofer de rozadoira, para o desenvolvemento dun programa temporal.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios realizaranse a través do taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo, así como na sede electrónica da web municipal, www.ribadeo.gal

Ribadeo, 13 de maio de 2024

Daniel Vega Pérez
Alcalde