DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 20 de xuño de 2024 Páx. 38088

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guntín

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de traballador/a social, persoal funcionario interino por programas.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 136, do 13 de xuño de 2024, foron publicadas integramente as bases que deben rexer a convocatoria para prover, mediante concurso-oposición, a praza de traballador/a social, persoal funcionario interino por programas cuxas características son:

Grupo:

A

Subgrupo:

A2

Denominación:

traballador/a social

Núm. de vacantes:

1

Duración:

máximo tres anos

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria e as bases no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan e de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal www.guntin.es

Guntín, 13 de xuño de 2024

Ángel Pérez Rodríguez
Alcalde-presidente