DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 20 de xuño de 2024 Páx. 38090

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Naia, Sabaxáns e Cortellas

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

José Luis Abalde Caride, con DNI ***2453**, e actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de Naia, Sabaxáns e Cortellas, convoca o 3 de agosto de 2024 no depósito da comunidade, situado en Camiño Vello, 1 (Vigo), ás 17.30 horas en primeira convocatoria e ás 18.00 horas en segunda convocatoria, á asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, se é o caso, do que proceda:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2. Estado de contas do exercicio 2023.

3. Xestión da Xunta Directiva.

4. Novas altas.

5. Revisión de importes de cotas anuais e sancións fóra de prazo.

6. Rogos e preguntas.

Vigo, 29 de maio de 2024

José Luis Abalde Caride
Presidente da Comunidade de Usuarios de Naia, Sabaxáns e Cortellas