DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 20 de xuño de 2024 Páx. 38029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 6 de xuño de 2024, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente XC-02787-O-2023 e dous máis).

Conforme o previsto no artigo 44 da lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións ditadas pola persoa titular do Departamento Territorial da Coruña no expediente sancionador número XC-02787-O-2023 e outros dous máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente están á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade da Coruña.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a directora xeral de Mobilidade da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme ao previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

A Coruña, 6 de xuño de 2024

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF persoa sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción
imposta

XC-02787-O-2023

8353-GXC

11401505Z

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

31.1.2023; 14.00.00; AP-9 M: 1,1

Art. 199.9 do ROTT

Art. 142.8 da LOTT

Art. 201.b) do ROTT

Art. 143.1 da LOTT

201 euros

XC-02974-O-2023

4992-LWY

44486207K

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.
16.2.2023; 10.46.00; N-550; 80,407

Art. 199.9 do ROTT

Art. 142.8 da LOTT

Art. 201.b) do ROTT

Art. 143.1 da LOTT

201 euros

XC-05062-O-2023

6595-DSM

32684255J

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.
7.7.2023; 18.20.00; AP-9F; 25,109

Art. 199.9 do ROTT

Art. 142.8 da LOTT

Art. 201.b) do ROTT

Art. 143.1 da LOTT

201 euros