DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 20 de xuño de 2024 Páx. 38028

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 31 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se acorda notificar a resolución de arquivamento da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia por non ser posible a notificación persoal as persoas interesadas, PO-2024/00034 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), por non ser posible a notificación persoal as persoas interesadas, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución de arquivamento da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os expedientes relacionados atópanse á disposición das persoas interesadas na Dirección Territorial de Pontevedra, sita na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Pontevedra, 31 de maio de 2024

Ramón Pereiro Santín
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/Pasaporte

PO-2024/00034

77482079R

PO-2024/00034

AS999509

PO-2024/00050

36076175P

PO-2024/00050

36149694L