En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Paula Galiñanes Varela.
Expediente: DH.A36.99664.
Volume total anual: 1.194,00 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,45 l/s.
Destino: rega.
Orixe: pozo na parcela 10072, polígono 208 do catastro de Meis.
Lugar: A Bouza.
Parroquia: San Martiño de Meis.
Concello: Meis.
Descrición:
Preténdese construír pozo barrena e bombear auga para encher depósito-tractor co que se distribuirá auga para rega da parcela 337 do polígono 215; das parcelas 165, 10072, 10166 e 20166 do polígono 208; das parcelas 10013, 20144, 30144 e 40144 do polígono 204, e da parcela 242 do polígono 216.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 24 de maio de 2024
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur