DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 19 de xuño de 2024 Páx. 37711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2024 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020, do contrato administrativo da obra de mellora do sistema de abastecemento en Noia, Noia (A Coruña), con referencia de expediente AUG-2023-0090 (clave do proxecto OH.215.1120).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111 (A Coruña).

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Código/s CPV: 45252126-7 (traballos de construción de plantas de tratamento de auga potable).

4. Código/s NUTS do lugar principal da obra: ES111 Noia (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: obra de mellora do sistema de abastecemento en Noia. Noia (A Coruña). Referencia de expediente: AUG-2023-0090.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeita a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 1.081.468,15 euros. Importe total: 1.308.576,46 euros.

8. Valor estimado do contrato: 1.081.468,15 euros. Coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 6 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes se seleccionou a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 17 %), programa de construción da obra (ponderación 12 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 8 %), plan de proba dos equipos electromecánicos ou automatismos (ponderación 6 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 4 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación 2 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 26 de marzo de 2024.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 6.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 1.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou subscrición do contrato: 9 de abril de 2024.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Espina Obras Hidráulicas, S.A.

14.2. NIF: A15168156.

14.3. Enderezo: polígono industrial do Tambre, Vía Edison, 62, 15890 Santiago de Compostela (A Coruña).

14.4. Código NUTS: ES111 (A Coruña).

14.5. Correo electrónico: licitaciones@espina.es

14.6. Fax: 981 58 66 88.

14.7. Teléfono: 981 55 26 10.

14.8. Pequena ou mediana empresa: non.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 1.049.564,84 euros. Importe total: 1.269.973,46 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 7 «Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais»; submedida 7.2 «Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía»; prioridade 6 de desenvolvemento rural «Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais». Europa inviste no rural.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado:

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfono: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 28 de agosto de 2023.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 26 de marzo de 2024.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 11 de abril de 2024.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 15 de abril de 2024.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2024

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia