DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 19 de xuño de 2024 Páx. 37703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, para a infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente á modificación da LAT 132 kV San Cristovo-Trives no treito comprendido entre os apoios número 17 e 25, no termo municipal da Pobra de Trives (Ourense), que promove I-DE Redes Eléctricas Inteligentes, S.A.U. (expediente IN407A 2023/121-3).

Feitos.

1. O 16.6.2023 I-DE Redes Inteligentes, S.A.U. (en diante, o promotor) presentou, ante a Xefatura Territorial de Ourense desta consellería (en diante, Xefatura Territorial), a solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, para a infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente á modificación da LAT 132 kV San Cristovo-Trives no treito comprendido entre os apoios número 17 e número 25, no termo municipal da Pobra de Trives (Ourense), á cal se lle asignou o número de expediente IN407A 2023/121-3.

Esta solicitude acompañouse, ou completouse posteriormente (con data 2.10.2023 como contestación a un requirimento da Xefatura Territorial), coa seguinte documentación técnica:

• Proxecto de execución denominado Proxecto de modificación de liña aérea de alta tensión a 132 kV San Cristovo-Trives, treito comprendido entre os apoios número 17 e número 25, asinado o 19.5.2023 polo enxeñeiro industrial Jesús Ángel Tajuelo Gallego (colexiado número 19.887 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid (COEIM), visado por este colexio co número 202301717 e data 25.5.2023, e no cal figura un orzamento total de 130.028 euros.

• Declaración responsable asinada o 23.8.2023 polo técnico proxectista, exixida no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Separatas técnicas do proxecto de execución para as entidades afectadas (co mesmo visado que o proxecto): Concello da Pobra de Trives e UFD Distribución Electricidad, S.A.

• Documentación para a expropiación (Relación de bens e dereitos afectados (RBDA) presentada o 2.10.2023 e planos coas afeccións, incluídos no proxecto de execución) e declaración responsable de non ter acadado acordos con todos os propietarios afectados asinada o 23.8.2023.

• Declaración responsable asinada o 14.9.2023 polo técnico proxectista, conforme o proxecto non está suxeito a avaliación de impacto ambiental.

A LAT 132 kV San Cristovo-Trives, obxecto da modificación proxectada, obtivo autorización administrativa previa o 8.6.1951, autorización administrativa de construción o 4.11.1953 e autorización de posta en servizo o 31.8.1954.

Segundo consta no proxecto de execución, o tramo comprendido entre os apoios número 17 e número 25 da referida LAT ten actualmente unha serie de puntos antirregulamentarios onde non se cumpre a distancia mínima exixida dos condutores da liña eléctrica, tanto ao terreo que está debaixo como á estrada OU-0753 (que nese tramo discorre de forma paralela), de tal xeito que cómpre instalar apoios de maior altura libre ao chan, situándoos máis afastados da dita estrada. A continuación, resúmense as actuacións proxectadas:

• Desmontaxe do condutor LA-150 e dos apoios existentes número 21, 22, 23 e 24 entre os actuais apoios número 17 e número 25.

• Novo treito de LAT aérea a 132kV, de 1.200 m de lonxitude, con orixe no apoio número 17 e remate no apoio número 25. Instalación de condutor LA-180 e dos novos apoios número 18, 19 e 20 do tipo 11T150B18, 11T120B22 e 11T150B22, respectivamente.

2. O 5.10.2023 a Xefatura Territorial ditou acordo polo que se someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de autorización administrativa de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, da referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica.

Este acordo publicouse no DOG do 15 de novembro de 2023 e no xornal La Región do 27 de outubro de 2023 e, así mesmo, estivo exposto, xunto coa documentación sometida a información pública, nas dependencias da Xefatura Territorial, así como no portal de transparencia desta consellería.

Durante o período de información pública presentou un escrito de alegacións Isolina Pérez Basalo. Nel sinalaba que o predio número 13 non é da súa propiedade, tal como figura na RBDA publicada, e que descoñece quen é o/a seu/súa propietario/a. Deste escrito déuselle traslado ao promotor, quen presentou a súa contestación a este, onde indicaba que descoñece a persoa propietaria do referido predio.

3. O 10.10.2023 a Xefatura Territorial trasladou as separatas técnicas do proxecto de execución, para os efectos de obter os seus informes ao respecto, ás seguintes entidades afectadas pola referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica: o Concello da Pobra de Trives e UFD Distribución Electricidad, S.A. A este respecto:

• Relaciónanse a continuación as entidades que emitiron, nas datas indicadas, o seu condicionado, do cal se lle deu traslado ao promotor, quen presentou a súa conformidade con eles: UFD Distribución Electricidad, S.A. (20.10.2023).

• O resto de entidades consultadas (Concello da Pobra de Trives) non contestaron, polo que, sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar, enténdese a súa conformidade co proxecto, de acordo co disposto no artigo 47.3 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro.

4. O 18.1.2024 a Xefatura Territorial, logo de rematada a instrución do referido expediente, deu traslado deste á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (DXPERN) para os efectos de ditar a oportuna resolución.

A Xefatura Territorial incorporou ao expediente a acta, informe e proposta seguintes:

• Informe técnico favorable sobre o proxecto de execución.

• Acta de comprobación sobre o terreo, que concluía que nos predios afectados non se dá ningunha das limitacións á constitución de servidume de paso a que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Proposta para a resolución por parte da DXPERN das pretendidas autorizacións administrativas previa e de construción, así como da declaración de utilidade pública para a referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica.

Consideracións legais e técnicas.

1. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nas demais normas vixentes de aplicación.

2. A competencia para resolver este expediente correspóndelle á DXPERN, de conformidade co disposto no artigo único (punto 1.b.3º para as autorizacións administrativas previa e de construción e punto 2 para o recoñecemento, en concreto, da utilidade pública) do Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), así como no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 113, do 15 de xuño).

De conformidade con todo o que antecede,

RESOLVO:

1. Outorgar a autorización administrativa previa para a infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente á modificación da LAT 132 kV San Cristovo-Trives no treito comprendido entre os apoios número 17 e número 25, no termo municipal da Pobra de Trives (Ourense), que promove I-DE Redes Eléctricas Inteligentes, S.A.U.

2. Outorgar a autorización administrativa de construción para o proxecto de execución da citada infraestrutura eléctrica titulado Proxecto de modificación de liña aérea de alta tensión a 132 kV San Cristovo-Trives, tramo comprendido entre os apoios número 17 y número 25.

3. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada infraestrutura eléctrica, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados. Isto implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

1. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución denominado Proxecto de modificación de liña aérea de alta tensión a 132 kV San Cristovo-Trives, treito comprendido entre os apoios número 17 e número 25, asinado o 19.5.2023 polo enxeñeiro industrial Jesús Ángel Tajuelo Gallego (colexiado número 19.887 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid (COEIM)) e visado por este colexio con número 202301717 e data 25.5.2023, e no cal figura un orzamento total de 130.028 euros.

2. O promotor asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manteñan sempre as condicións regulamentarias de seguridade. Deberanse cumprir en todo momento as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, aprobadas polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade nas instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, aprobadas polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio.

3. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da DXPERN; non obstante, a Xefatura Territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, e deberalle comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que se diten en aplicación da citada facultade.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución ou da data de ocupación dos terreos. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante a Xefatura Territorial, que deberá expedila tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

5. En canto aos bens e dereitos afectados pola referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, o promotor cumprirá cos condicionados e informes emitidos por estes.

6. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos orzamentos que determinaron a súa adopción poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao promotor, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

7. Estas autorizacións adóptanse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente, tal e como dispón o título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

8. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 48.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro.

9. Como anexo a esta resolución recóllese a RBDA definitiva que se empregará no procedemento expropiatorio, presentada polo promotor con data 2.10.2023.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados pola infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente á modificación da LAT 132 kV San Cristovo-Trives no treito comprendido entre os apoios número 17 e número 25

Predios

Propietarios

Servidume de voo

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Nome e apelidos

Lonxitude (m)

Superficie
afectada (m2)

1

Canidoira

MT matogueira

32064A043000090000JJ

Ubaldino Pérez Pérez

5

60,64

4

Canidoira

MT matogueira

32064A043000060000JD

Ana Diéguez Alonso

12,5

236,49

10

Couso

C labor ou labradío secaño

32064A043004380000JY

Pedro Martínez Yáñez

19,9

454,95

11

Couso

C labor ou labradío secaño

32064A043004390000JG

Longina Quintas Basado

24,1

471,12

13

Cruceiro

C labor ou labradío secaño

32064A043002950000JR

Descoñecido

12,3

145,96

17

Pedrín

a) MT matogueira
b) C-labor ou labradío secaño

32064A043000170000JH

Gustavo Pérez Diéguez

33,8

512,67

18

Padreiriño

PD prados ou pradeiras

32064A043002760000JW

Leonardo Guerra Rodríguez

57,9

911,48

19

Padreiriño

PD prados ou pradeiras

32064A043002770000JA

Amando Martínez Vázquez

46,5

594,85

22

Lamas

a) C labor ou labradío secaño
b) PD prados ou pradeiras

32064A043000260000JQ

Santiago Álvarez Domínguez

213

5.977,95

23

Lamas

C labor ou labradío secaño

32064A043004460000JT

Mª del Carmen Canovas López

11,4

311,21

24

Lamas

PD prados ou pradeiras

32064A043000330000JF

Amando Martínez Vázquez

79

1512,81

29

Fontelas

MT matogueira

32064A043002630000JR

Manuel Domingo Pérez Pérez

25,3

120,41

31

Fontelas

E-pastos

32064A043002650000JX

José Benito Pérez

34,9

1.142,09

32

Fontelas

MT matogueira

32064A043002660000JI

Camilo Pérez Domínguez

18,8

620,13

33

Fontelas

E-pastos

32064A043002670000JJ

Herdeiros de Araceli Pérez Diéguez

11,1

358,83

35

Fontelas

PD prados ou pradeiras

32064A043002690000JS

Manuel Domínguez Pérez

10,5

315,86

36

Fontelas

PD prados ou pradeiras

32064A043002700000JJ

Mª del Carmen Domínguez Pérez

8,4

243,04

Fernando Domínguez Pérez

37

Cruceiro

MT matogueira

32064A043002870000JT

Ramón Rodríguez

8,5

236,71

41

Cruceiro

PD prados ou pradeiras

32064A043001280000JM

Roberto Rivas Pérez

4,4

10,63

42

Cruceiro

PD prados ou pradeiras

32064A043002900000JT

Roberto Rivas Pérez

11,3

195,01

43

Cruceiro

PD prados ou pradeiras

32064A043001270000JF

Ramón Rodríguez

8,7

134,16

44

Cruceiro

PD prados ou pradeiras

32064A043002910000JF

Ramón Rodríguez

5,6

20,83

45

Cruceiro

PD prados ou pradeiras

32064A043001260000JT

Herdeiros de Félix Andrés Domínguez Rodríguez

13,5

176,82

46

Cruceiro

PD prados ou pradeiras

32064A043001250000JL

Descoñecido

2,8

29,6