DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 19 de xuño de 2024 Páx. 37718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 7 de xuño de 2024, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á resolución de modificación de características ditada no expediente E-1586-P.

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, fago público, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 14 de maio de 2024 e como resultado do expediente instruído para o efecto, outorgouse ao Concello de Rodeiro a modificación de características da concesión dun caudal de auga, que se lle outorgara na resolución da Comisaría de Augas do Norte de España do 21 de marzo de 1985, para aproveitar 11,11 l/segundo de auga do río Arnego, no lugar de Caneiros, na parroquia de Álceme (Santa María), no concello de Rodeiro (Pontevedra), con destino a abastecemento e a usos industriais.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2024

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións